Coxeración

A coxeración defínese como a produción conxunta, nun proceso secuencial, de enerxía mecánica e/ou eléctrica e enerxía térmica útil.

Unha planta de coxeración adoita estar constituída por motores alternativos, turbinas de gas ou de vapor, que transforman a enerxía contida no combustible en enerxía mecánica e calor residual ou de escape. A enerxía mecánica adoita transformarse en enerxía eléctrica a través dun alternador (este é o caso máis usual), e a calor residual pode recuperarse en forma de vapor de auga, auga quente, aceites térmicos e gases quentes, como fluídos termoportadores e dispostos para as súas aplicacións térmicas.

Ademais dos equipos descritos, as plantas de coxeración poden dispor de equipos auxiliares, que tamén poden usar combustible sen o obxectivo de producir enerxía mecánica ou eléctrica, senón unicamente enerxía térmica ou calor para apoio ou substitución do entregado polos sistemas de coxeración. Os equipos máis usuais deste tipo son os seguintes:

Xeradores ou caldeiras convencionais para axustar a produción de calor á demanda en cada instante; ou para a súa utilización de reserva en caso de fallo dos equipos principais.

Sistemas de poscombustión, que teñen o mesmo obxectivo descrito, ou sistemas de aire fresco que permitan incrementar ou asegurar a subministración no caso de fallo do motor principal.

Sistemas de by-pass, que poderían chegar a permitir o uso dos motores como sistemas de emerxencia (sen recuperación de calor), ou grupos electróxenos para asegurar algunhas demandas de só electricidade.

no-alt
no-alt
Galician