Aforros de enerxía final

A Comisión Europea apostou por incrementar o obxectivo europeo de redución das emisións de gases de efecto invernadoiro para 2030, situándoo nun nivel mínimo do 55% respecto de 1990. Este obxectivo implica unha serie de compromisos nacionais, entre os que destaca un aforro acumulado de enerxía final moi ambicioso durante o período 2021-2030. Para cumprir este obxectivo, que se concreta no artigo 8 da nova Directiva de eficiencia enerxética, será necesario o esforzo conxunto e a cooperación de todos os axentes implicados, incluídas as administracións públicas. No caso de España, este obxectivo tradúcese nunha cifra de 53.593 ktep de aforro acumulado de enerxía final ao remate da década.

Este traballo enmárcase no ciclo de presentación de informes do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC), que obriga a España a presentar ante a Comisión Europea un informe de progreso cada dous anos.

As metodoloxías e guías publicadas aquí serven de apoio para a elaboración do próximo informe de situación nacional e baséanse no xa publicado para o período 2021-2023.

Últimas novidades

Nuevo Tractor

Nueva metodología de cálculo de ahorro de energía final en el ámbito de la Directiva de Eficiencia Energética. Adquisición de tractores y sembradoras directas.(Nova metodoloxía de cálculo do aforro de enerxía final no ámbito da Directiva de eficiencia enerxética. Adquisición de tractores e sementadoras directas) (PDF)

Guías e Metodoloxías

  Documento

Guía para la elaboración de bases reguladoras en lo relativo al cómputo de ahorros de energía final en el ámbito de la Directiva de Eficiencia Energética. (Guía para a elaboración de bases reguladoras no relativo ao cómputo de aforros de enerxía final no ámbito da Directiva de Eficiencia Enerxética) (PDF)

  Coche eléctrico

Metodología de cálculo de ahorro de energía final en el ámbito de la Directiva de Eficiencia Energética. Adquisición de vehículos eléctricos. (Metodoloxía de cálculo de aforro de enerxía final no ámbito da Directiva de Eficiencia Enerxética. Adquisición de vehículos eléctricos) (PDF)

  Bomba de calor

Metodología de cálculo de ahorro de energía final en el ámbito de la Directiva de Eficiencia Energética. Instalación bombas de calor. (Metodoloxía de cálculo de aforro de enerxía final no ámbito da Directiva de Eficiencia Enerxética. Instalación bombas de calor) (PDF)

Informes e publicacións

  Informe

Publicación del informe de medidas de eficiencia energética incluidas en el informe de situación nacional integrado de energía y clima 21-23 (Publicación do informe de medidas de eficiencia enerxética incluídas no informe de situación nacional integrado de enerxía e clima 21-23)

Máis información

Desde o IDAE prestamos apoio a calquera entidade pública que implantase accións de aforro e eficiencia enerxética e desexe colaborar con este obxectivo comunicando os seus aforros enerxéticos á Comisión Europea. Ademais, o IDAE dispón dunha plataforma web para estas entidades, desde a que se comparte información de interese, recursos formativos, metodoloxías, etc.

As entidades públicas que implantasen ou teñan previsto implantar medidas de aforro e eficiencia enerxética e estean interesadas en recibir apoio, acceder á plataforma e colaborar co obxectivo nacional de aforro de enerxía final poden poñerse en contacto connosco a través do seguinte enderezo de correo electrónico ahorrosenergeticos@idae.es