Solar Fotovoltaica

A enerxía solar fotovoltaica aproveita a radiación solar transformándoa directamente en enerxía eléctrica mediante o efecto fotovoltaico, que consiste na emisión de electróns por un material cando o iluminamos con radiación electromagnética (neste caso, radiación solar).

Existen distintas tecnoloxías fotovoltaicas (fixas, seguimento solar a un eixo e seguimento solar a dous eixos) pero a maioría están baseadas no silicio.

As instalacións solares fotovoltaicas poden ser basicamente de dous tipos: instalacións illadas  orientadas fundamentalmente a aplicacións de bombeo, sinalización, comunicacións e electrificación rural e instalacións conectadas a rede  orientadas á venda de enerxía eléctrica e autoconsumo 

As posibilidades de aplicación da enerxía solar fotovoltaica son inmensas e abarcan desde as aplicacións máis sinxelas  como calculadoras e reloxos solares  ás máis complexas  como grandes plantas de xeración eléctrica ou sistemas de alimentación para satélites artificiais

no-alt
Galician

Galería imágenes