Tecnoloxías

A promoción de tecnoloxías e o desenvolvemento de proxectos que contribúan á eficiencia enerxética e á diversificación de fontes de enerxía baseadas en recursos renovables constituíron e constitúen unha das tarefas estratéxicas encomendadas ao IDAE. Ao longo das súas tres décadas de existencia, o Instituto adquiriu un amplo coñecemento destas tecnoloxías, converténdose nun referente de experiencia na materia, a nivel nacional e internacional, e tanto en termos de innovación como de implantación tecnolóxica nos mercados.