Enerxía Solar Térmica

A utilización da enerxía solar térmica para abastecer as diferentes demandas térmicas existentes nos sectores da edificación, industrial e agropecuario, é unha das formas máis eficientes e económicas de aproveitar un recurso abundante e autóctono, o cal ademais é gratuíto e temos dispoñible no mesmo punto de consumo.

A súa utilización, supón a diminución do consumo de enerxía primaria e de emisións de CO2 correspondentes á fonte enerxética á que substitúe e que abastece as devanditas demandas. Supón, por tanto, a mellora da eficiencia enerxética dos edificios, industrias, etc. onde a enerxía solar térmica se incorpora.

A tecnoloxía solar térmica é unha tecnoloxía madura que experimentou unha considerable implementación no sector da edificación durante os últimos anos. O actual desenvolvemento tecnolóxico e a alta fiabilidade das instalacións solares permite que estas sexan integradas facilmente en edificios e industrias.

A tecnoloxía actual permite que as instalacións solares térmicas precisen dun mantemento mínimo e dispoñan de sistemas de control para o seu seguimento remoto, ofrecendo así todas as garantías en materia de seguridade e comodidade de uso.

no-alt
no-alt
no-alt
no-alt
Galician