Energías del mar

Os océanos ofrecen un enorme potencial enerxético que, mediante diferentes tecnoloxías, pode ser transformado en electricidade e contribuír a satisfacer as necesidades enerxéticas actuais.

Dentro das Enerxías do Mar, existen tecnoloxías claramente diferenciadas, en función do tipo de aproveitamento enerxético. A continuación, descríbense as distintas tipoloxías de enerxías do mar:

Enerxía das correntes: consiste no aproveitamento da enerxía cinética contida nas correntes mariñas. O proceso de captación baséase en convertedores de enerxía cinética similares aos aeroxeradores empregando neste caso instalacións submarinas.

Enerxía das ondas ou Ondimotriz: É o aproveitamento enerxético producido polo movemento ondulatorio da superficie da auga do mar. A ondada é unha consecuencia do rozamento do aire sobre a superficie do mar, polo que resulta moi irregular. Iso levou ao desenvolvemento de múltiples dispositivos ou convertedores de enerxías do mar segundo o principio de captación do dispositivo: columna de auga oscilante (OWC), corpos flotantes, sistemas de desbordamento e/ou impacto, etc.

Enerxía das mareas ou Mareomotriz: Baséase en aproveitar o ascenso e descenso da auga do mar producido pola acción gravitatoria do Sol e a Lúa. Un proxecto dunha central mareomotriz está baseado no almacenamento de auga nun encoro que se forma ao construír un dique cunhas comportas que permiten a entrada de auga ou caudal á turbina, nunha baía, cala, río ou estuario para a xeración eléctrica.

Enerxía Maremotérmica: fundaméntase no aproveitamento da enerxía térmica do mar baseado na diferenza de temperaturas entre a superficie do mar e as augas profundas. Requírese que o gradiente térmico sexa de polo menos 20 ºC. As plantas maremotérmicas transforman a enerxía térmica en enerxía eléctrica utilizando o ciclo termodinámico denominado “ciclo de Rankine” para producir enerxía eléctrica, cuxo foco quente é a auga da superficie do mar, e foco frío a auga das profundidades.

Enerxía do gradiente salino ou Enerxía Azul: é a enerxía obtida pola diferenza na concentración de sal entre a auga de mar e a auga dos ríos mediante os procesos de osmose.

 

no-alt
no-alt
no-alt
no-alt