Aforra enerxía

Todo o que nos rodea funciona grazas á enerxía: industrias, servizos, transporte público, medios de transporte cos que nos movemos, electrodomésticos, calefacción, iluminación dos nosos fogares e postos de traballo, etc.

A enerxía é esencial e garante o noso progreso e benestar social; pero o seu uso indiscriminado, sobre todo tendo en conta a gran dependencia enerxética de España, sobre todo das fontes de enerxía fósil, ten consecuencias económicas e ambientais indesexables que nos afectan a todos. Un consumo eficiente e responsable supón un aforro na factura persoal, pero tamén o aforro na factura que o país ten que pagar pola importación de enerxía.

Asumindo pautas de conduta sinxelas, todos e cada un dos cidadáns, tanto no fogar, como no traballo e no transporte, poden contribuír a reducir substancialmente o noso consumo enerxético sen renunciar en absoluto á comodidade.

Un dos obxectivos estratéxicos do IDAE é chegar ao consumidor doméstico mediante accións de difusión, formación e información para que todos e todas tomemos conciencia da importancia de consumir enerxía da forma máis intelixente e responsable posible e, ademais, sen renunciando á comodidade.