Comparativa de las diferentes tecnologías
Tipología y aplicaciones de instalaciones solares termoeléctricas

As centrais de torre e os colectores cilíndricos parabólicos son máis apropiados para proxectos de gran tamaño e conectados á rede no rango dos 30 MW - 200 MW; mentres que os sistemas disco-parabólicos son modulares e poden ser usados indistintamente en aplicacións individuais ou en grandes proxectos.

As plantas de colectores cilindro-parabólicos posúen unha tecnoloxía máis madura e por tanto máis implementada na actualidade. As centrais de torre, ao reduciren custos e posuíren un almacenamento térmico máis eficiente, prometen ofrecer plantas unicamente solares cunha gran eficiencia. A natureza modular das disco-parabólicas pode permitir o seu uso en aplicacións de pequeno tamaño.

As centrais de torre requiren que se demostre a operatividade e condicións de mantemento da tecnoloxía de sales fundidos e o desenvolvemento de heliostatos a baixo custo.

Os sistemas disco-parabólico requiren o desenvolvemento de polo menos un motor convencional e o desenvolvemento de concentradores a baixo custo.

En España existe a Plataforma Solar de Almería, pertencente ao CIEMAT, como única institución de investigación e desenvolvemento de proxectos solares de concentración, con instalacións de todas as tecnoloxías solares.

no-alt
no-alt