Skip to main content
  • Perfil de contratante
  • Portal de la transparencia
  • Sede electrónica
  • Contacto

Carrito

Your cart

Your cart is empty.

Formulario de búsqueda

  • Instagram
  • Twitter
  • Blog
  • Facebook
  • Linkedin
  • YouTube
  • es
  • ca
  • eu
  • Gl
  • en
Gobierno de España IDAE
  • Coñézanos
    • Quen somos
      • Historia
      • Réxime Xurídico
      • Goberno corporativo
      • O noso organigrama
      • Onde estamos
    • Recursos humanos
      • Chamadas
      • Resolucións
    • Feitos
    • Proxectos de excelencia
  • Información e publicacions
  • Axudas e financiamento
    • Fondos FEDER
      • REBECA. Rede de Economía Baixa en Carbono
    • Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética
      • Contribución á renda ao Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética 2018
    • Para a rehabilitación de edificios (Programa PAREER)
      • Segunda convocatoria do Programa de axuda para a rehabilitación enerxética dos edificios existentes (programa PAREER II)
      • Programa de axuda para a rehabilitación enerxética dos edificios existentes (Programa PAREER-CRECE)
    • Para a renovación das instalacións de iluminación exterior (FNEE)
    • Para proxectos de investimento que favorezan a transición cara a unha economía de baixo carbono (FEDER-POPE 2014-2020)
    • Para a renovación enerxética dos edificios e infraestruturas existentes da Administración Xeral do Estado (FEDER-POPE 2014-2020)
    • Para mobilidade e vehículos
      • Plan MOVALT Vehículos
      • Plan MOVALT Infraestructura
      • Programa de axuda para accións de cambio modal e uso máis eficiente dos modos de transporte (FNEE)
      • Vehículo eficiente (PIVE e MOVELE)
      • Programa de axuda para accións de eficiencia enerxética no sector ferroviario (FNEE)
    • Para a eficiencia enerxética na industria
      • Programa de axuda para accións de eficiencia enerxética en PEME e grandes empresas do sector industrial (FNEE)
    • Para a desalinización de auga (FNEE)
    • Liña de financiamento "ICO-IDAE Eficiencia Enerxética 2017-2018"
    • Para instalacións de enerxía renovable
      • Solcasa
      • Biomcasa II
      • Geotcasa
      • GIT
    • Outras fórmulas de financiamento do IDAE
      • Financiamento por terceiros (F.P.T.)
      • Outras participacións do IDAE en proxectos enerxéticos
      • Financiación de Proyecto y Arrendamiento de Servicios
    • Outros programas europeos
    • Onde atopar información na CC.AA.
  • Tecnoloxías
    • Eficiencia enerxética
      • Industria
      • Transporte
      • Edificación
      • Servizos
      • Agricultura e Pesca
      • Transformación da enerxía
      • Plan Nacional de Acción para a Eficiencia Enerxética 2017-2020
    • Enerxías renovables
      • Uso térmico
      • Uso eléctrico
      • Plan de Energías Renovables 2011-2020
  • Ahorra energía
    • Guía de la energía
    • Campañas y acciones de acompañamiento
    • Aula digital aprende a ahorrar energía
    • Etiquetado energético de aparatos consumidores de energía
    • Renovables de uso doméstico
      • Programa Biomcasa II
      • Programa GEOTCASA.
      • Programa GIT
      • Programa SOLCASA.
    • Blogs
    • FAQ
    • Glosario
    • Enlaces de interés
    • Plataforma IDAE de la movilidad sostenible
Inicio · Tecnologias · Energías renovables · Uso térmico · Biomasa

Biomasa

A biomasa é o conxunto da materia orgánica, de orixe vexetal ou animal, e os materiais que proceden da súa transformación natural ou artificial. A Directiva 2009/28/CE relativa ao fomento do uso da enerxía procedente de fontes renovables, define a biomasa como “a fracción biodegradable dos produtos, refugallos e residuos de orixe biolóxica procedentes de actividades agrarias (incluídas as sustancias de orixe vexetal e de orixe animal), da silvicultura e das industrias conexas, incluídas a pesca e a acuicultura, así como a fracción biodegradable dos residuos industriais e municipais”. É dicir, a biomasa é un concepto moi amplo que inclúe desde os residuos procedentes das actividades forestais, agrícolas e gandeiras ata a fracción orgánica dos residuos domésticos e industriais, pasando polos subprodutos das industrias agroalimentarias e de transformación da madeira. Polas súas particulares características, e polo seu diferente tratamento normativo, os residuos domésticos e industriais trátanse de forma separada no apartado de residuos.

Os principais combustibles obtidos a partir da biomasa son leñas, achas, pellets, carabuñas de oliva e cascas de froitos. A leña de madeira cortada en anacos, lista para utilizarse nos aparellos domésticos de combustión como estufas ou chemineas, é o produto menos elaborado dos cinco, e tradicionalmente é empregado en vivendas unifamiliares. Polo xeral, as súas dimensións atópanse entre os 15 cm e os 100 cm. As achas son o produto resultante da trituración da biomasa de orixe leñoso, tanto agrícola como forestal, e teñen un tamaño variable en función do grao de trituración ao que se viron sometidas. Os pellets son o produto máis elaborado, e son pequenos cilindros de 6 mm a 12 mm de diámetro e de 10 mm a 30 mm de lonxitude feitos con serraduras, achas ou outros residuos comprimidos que poden utilizarse como combustibles. As carabuñas de oliva e as cascas de froitos, aínda que usados en menores cantidades que as leñas, achas e pellets, tamén supoñen un combustible cada vez máis empregado.

Nos últimos anos, a medida que foi aumentando a explotación do inmenso potencial dispoñible e se foi consolidando un mercado para a biomasa, aumentando os axentes implicados e os volumes comercializados, acrecentáronse os esforzos por estandarizar e certificar a calidade deste tipo de combustibles, principalmente as achas e os pellets (normas ISO 17225), habendo mesmo estudos recentes (BIOMASUD) e normas específicas que tamén se dirixen a residuos como as carabuñas de oliva e as cascas de froitos (normas UNE-164003 e UNE-164004, respectivamente).

As aplicacións térmicas da biomasa pódense realizar principalmente a través de caldeiras, estufas ou chemineas. As caldeiras son os únicos equipos capaces de dar ao mesmo tempo calefacción e auga quente sanitaria, mentres que as estufas e chemineas permiten quentar a estancia na que están situadas. As caldeiras poden instalarse tanto en vivendas unifamiliares como en comunidades de veciños de calquera tamaño, xa que se poden atopar caldeiras desde 20 kW ata máis de 1 MW (e tamaños moito maiores para as redes de calor e as aplicacións industriais ou de xeración eléctrica). Por exemplo, unha comunidade de veciños de 40 vivendas localizada no centro-norte de España podería satisfacer as súas necesidades de calefacción e auga quente sanitaria cunha caldeira de 400 kW - 500 kW (a potencia adecuada será necesario estimala caso por caso, en base aos históricos de consumos da comunidade en cuestión). Estas instalacións adoitan ir acompañadas de depósitos de inercia que permiten compaxinar un funcionamento estable da caldeira e unha demanda de calor que varía ao longo do día. Ademais, as caldeiras pódense usar tamén no sector industrial, ben para a produción de auga quente ou de vapor de proceso. Doutra banda, as estufas e chemineas adoitan instalarse en vivendas unifamiliares ou locais comerciais, sendo as potencias máis habituais das estufas entre 8 kW e 15 kW.

O desenvolvemento tecnolóxico nos últimos anos de caldeiras e estufas fai que se poidan atopar no mercado equipos cun alto grao de automatización (por exemplo, para a alimentación do combustible ou a retirada das cinzas) e uns niveis de emisións moi inferiores aos equipos existentes hai uns anos.

Unha opción especialmente interesante son as redes de calor, que pola súa maior eficiencia enerxética e o aproveitamento das economías de escala permiten chegar a un maior número de usuarios. Existen exemplos xa destas redes de calor en España, desde instalacións de 400 kW de potencia e varios centos de metros de tubaxes que dan servizo a varios edificios municipais e particulares (como a rede do concello de El Atazar, en Madrid), ata instalacións de cerca de 15 MW e máis de 10 km de rede, como as que xa están en funcionamento nas cidades de Soria e Móstoles ou na Universidade de Valladolid.

O IDAE dispón de varios programas de apoio ao uso de biomasa no sector residencial e industrial (BIOMCASA II, GIT, PAREER-CRECE).

Por último, convén lembrar que a mobilización de biomasa non supón unicamente a obtención dun combustible renovable, neutro en canto a emisións de CO2 e competitivo en prezo cos combustibles fósiles que se importan desde fóra de España, senón que tamén xoga un papel fundamental na mellora da xestión dos montes e no desenvolvemento socio-económico das áreas rurais españolas.

Adxuntos

Biomasa: Produción eléctrica e coxeración (2007)
(3.81 MB)
Regulamento de Instalacións Térmicas nos edificios
(6.78 MB)
Biomasa: Cultivos Enerxéticos
(2.78 MB)
Biomasa: Gasificación
(2.92 MB)
Biomasa: Maquinaria agrícola e forestal
(2.01 MB)
Biomasa: Edificios
(1.84 MB)
Enerxía da biomasa
(5.47 MB)
Biomasa: Climatización
(1.12 MB)
Biomasa: Empresas de Servicios Energéticos
(875.42 KB)
Biomasa: Experiencias con biomasa agrícola y forestal para uso energético
(1.5 MB)
Biomasa: Industria
(1.1 MB)
Biomasa: Procedimientos del Régimen Especial
(782.42 KB)
Biomasa: Redes de distribución térmica
(1.18 MB)
  • Calidad del combustible
  • Estudio seguimiento del mercado de la biomasa en España
  • Redes de calor
  • Conecta bioENERGIA
  • Emisiones
  • BIONLINE
  • UTE IDAE-MAICERÍAS ESPAÑOLAS, S.A. (DACSA)
Contido relacionado 
Financiación a proyectos de biomasa térmica: Biomcasa II
Financiación a proyectos de biomasa térmica: GIT
Programa de Ayudas para la Rehabilitación Energética de Edificios existentes (Programa PAREER)
Vídeo de divulgación energías renovables de uso doméstico: Biomasa y Geotermia (Canal YouTube IDAE)
Conferencia sobre líneas de financiación a Empresas de Servicios Energéticos (PDF)
Energía de la Biomasa. Granos de maíz
Energía de la Biomasa. Guascor. Tolva de biomasa con tornillo sin fin
Energía de la Biomasa. Astillas de madera
Interior caldera.
Biomasa. Central de Sangüesa Navarra
Side view in the foreground of a trailer piled with straw bales stacked four high
Detalle instalación planta de pellets en Cuéllar
Detalle instalación biomasa Centro Juvenil Mollina
Unión Europea IDAE

IDAE

Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía.

C/ Madera, 8

28004 Madrid

Tel. 913 14 66 73

  • Accesibilidad
  • Aviso legal

w3c