Sostenibilidad

Aínda que non hai unha definición unanimemente acordada de sustentabilidade, o concepto de desenvolvemento sustentable ––que foi introducido en 1987 pola Comisión Mundial de Nacións Unidas sobre Medio e Desenvolvemento (WCED), no chamado Informe Brundtland (titulado “O noso futuro común”)–– é a definición citada máis frecuentemente e converteuse desde entón no modelo xeralmente aceptado do que debe ser o desenvolvemento da sociedade: “O desenvolvemento sustentable é un proceso de cambio no que a explotación dos recursos, o sentido dos investimentos, a orientación do desenvolvemento tecnolóxico e o cambio institucional están todos en harmonía e melloran o potencial actual e futuro para alcanzar as necesidades e as aspiracións humanas”.

Outra formulación abreviada deste concepto que se utiliza moi a miúdo é a seguinte: “O desenvolvemento sustentable consiste en satisfacer as necesidades das xeracións presentes sen comprometer as posibilidades das do futuro para atender as súas propias necesidades”.  

A sustentabilidade, por tanto, non é unha cuestión unicamente ambiental.

Hoxe en día, o desenvolvemento sustentable é descrito a miúdo de forma esquemática mediante tres círculos ou alicerces que representan as tres dimensións abarcadas polo concepto de sustentabilidade: ambiental, social e económica.

No ámbito da bioenerxía, e en particular no sector dos biocarburantes, veñen desenvolvendo nos últimos anos multitude de iniciativas destinadas a garantir a sustentabilidade. Un exemplo diso é a introdución na Directiva Europea de Enerxías Renovables da esixencia de sustentabilidade dos biocarburantes e os biolíquidos. A súa produción e uso de forma sustentable pode contribuír significativamente á redución de emisións, ao desenvolvemento socioeconómico e á seguridade enerxética.

no-alt
Galician