Central Tèrmica
Central eléctrica que aproveita unha fonte de calor para dar lugar á obtención de vapor, que posteriormente acciona unha turbina cun xerador para producir electricidade. Se a calor procede da combustión ou queima de combustibles, denomínase central térmica convencional; e se a calor ten unha orixe radioactiva, central nuclear. Na práctica, cando se fala de centrais térmicas faise referencia ás primeiras.