Pila de combustible
Dispositivo electroquímico que produce a conversión directa de enerxía química en enerxía eléctrica mediante un proceso físico inverso da electrólise. As pilas de combustible están constituídas por un conxunto de celas acumuladas, cada unha delas converte directamente a enerxía dun combustible en electricidade e calor sen que exista combustión, polo que producen baixas emisións e, ao non existir partes móbiles, resultan moi silenciosas. A diferenza do que acontece nunha pila ou batería convencional, non se esgota co tempo de funcionamento, senón que se prolonga mentres continúe o subministro dos reactivos.