A
(6)
| B
(10)
| C
(23)
| D
(3)
| E
(11)
| F
(9)
| G
(1)
| H
(1)
| I
(5)
| K
(1)
| L
(1)
| M
(4)
| N
(1)
| O
(1)
| P
(9)
| Q
(1)
| R
(10)
| S
(5)
| T
(5)
| U
(1)
| V
(4)
| W
(1)
| X
(1)
Pa
Compoñente dunha turbina, que xira baixo a acción do vento, para transforma-la súa enerxía cinética en enerxía rotacional no eixe do rotor.
Panel fotovoltaico
Conxunto de módulos electricamente interconectados para conseguir unha intensidade de corrente e unha tensión en circuíto aberto determinado.
Pantallas LCD
A tecnoloxía LCD (Liquid-Crystal Display) utiliza moléculas de cristal líquido colocadas entre dúas placas transparentes polarizadas. As moléculas de cristal líquido son polarizadas e rotadas segundo se queira permiti-lo paso da luz dunha cor ou doutra.
Parque eólico
Conxunto de aeroxeradores que aproveitan a enerxía do vento para producir unha electricidade que verta á rede para o seu consumo.
Pila de combustible
Dispositivo electroquímico que produce a conversión directa de enerxía química en enerxía eléctrica mediante un proceso físico inverso da electrólise. As pilas de combustible están constituídas por un conxunto de celas acumuladas, cada unha delas converte directamente a enerxía dun combustible en electricidade e calor sen que exista combustión, polo que producen baixas emisións e, ao non existir partes móbiles, resultan moi silenciosas. A diferenza do que acontece nunha pila ou batería convencional, non se esgota co tempo de funcionamento, senón que se prolonga mentres continúe o subministro dos reactivos.
Poder Calorífico
Valor máximo de calor que se pode obter queimando un combustible nunha combustión ideal (máximo rendemento).
Potencia
Capacidade dun aparato para dar servizo na unidade de tempo.
Protocolo de Quioto
Acordo internacional de 1997 para reducir, no período 2008 a 2012, un 5,2 por cento de media a emisión combinada de gases co efecto invernadoiro respecto aos niveis de 1990.
Purines
Efluente orgánico procedente da gandería intensiva de porcino. É biodegradable e emprégase para obter biogás.