Imprimir
En breve neste mesmo espazo disporá dos documentos:
O prazo para a presentación de solicitudes a este programa de axudas do ano 2008 finalizou o 8 de outubro pasado. As próximas convocatorias de axudas a proxectos estratéxicos que en anos vindeiros puidese haber serán igualmente anunciadas nesta páxina web e no Boletín Oficial do Estado.
Para máis información contactar co IDAE
¿En que consiste?
Trátase dunha nova liña de apoio do IDAE ao financiamento de proxectos de aforro e eficiencia enerxética.
O Programa enmárcase nas actuacións directas do IDAE do Plan de acción 2008-2012 da estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España (2004-2012).
A Convocatoria 2008 do Programa está dotada con 60 millóns de Euros, ampliables en función das dispoñibilidades orzamentarias.
A metodoloxía de cálculo das axudas aos proxectos responde ás novas directrices comunitarias sobre axudas estatais en favor do medio ambiente (2008/C 82/01).
Obxectivos do Programa
O Programa persegue complementar e reforzar os esforzos que se están levando a cabo por parte das diferentes administracións para incentivar as empresas a realizar proxectos plurianuais de investimento en tecnoloxías de aforro e eficiencia enerxética.
Trátase de cubrir determinada tipoloxía de proxectos que non contan co suficiente apoio cos mecanismos actuais existentes, cunha visión de apoio continuo (plurianual), aberto (beneficiarios directos e indirectos) e diverso (sectores industrial, terciario e de servizos).
Tipoloxía de proxectos
Defínense tres tipos de proxecto obxectivo do Programa:
Os proxectos deberán superar determinados ratios de aforro enerxético por investimento e axuda, e estar enmarcados nos seguintes límites de investimento elixible:
| Tipo de Proxecto | Investimento en millóns de €.Máximo | |
| Mínimo | Máximo | |
| Proxecto estratéxico (con investimentos nun mínimo de tres CC.AA.) | 1,0 | 40,0 |
| Proxecto Singular Innovador | 0,5 | 20,0 |
| Proxecto Sectorial Conxunto | 1,0 | 20,0 |
Beneficiarios
Tecnoloxías sectoriais; valores límites de axuda INDICATIVOS
A cualificación de INDICATIVOS responde ao seu carácter meramente enunciativo e que, en calquera caso, o cálculo dos límites de axudas máximas se realice, para cada proxecto, seguindo a metodoloxía das directrices comunitarias sobre axudas estatais en favor do medio ambiente. O resto de limitacións ou condicións que afectan a estas tipoloxías de proxectos de investimento serán similares ás citadas nos convenios de colaboración do IDAE coas CC.AA. para o exercicio 2008.
SECTOR INDUSTRIAL
Promoción de investimentos en substitución de equipos e instalacións en mellor tecnoloxía dispoñible (MTD): investimentos en equipos de proceso, instalacións e sistemas que transforman ou consomen enerxía, proxectos de enxeñería, obra civil, montaxe e posta en marcha.
SECTOR TRANSPORTE
Promoción do investimento na renovación de frotas e promoción de combustibles alternativos no transporte: investimento en equipos destinados ao transporte de persoas e mercadorías por estrada, e tamén na comercialización de combustibles alternativos no transporte.
Vehículos
Ata o 15% do valor de mercado cos seguintes límites máximos:
| Tecnoloxía (en €.) | V.Industriais | V.Turismos |
| Eléctricos | 50.000 | 6.000 |
| Hidróxeno | 50.000 | 6.000 |
| Híbridos | 50.000 | 2.000 |
| (*) GNC, GNL, GLP | 12.000 | 2.000 |
| (*) Transf. GLP | - | 450 |
Estacións de servizo
| Tipo | Abertas ao público |
| (*) GLP | 10% investimento ou 10.000 €. |
| (*) GN | 10% investimento ou 25.000 €. |
| H2 | 20% investimento ou 100.000 €. |
(*) O conxunto de proxectos presentados nestas tipoloxías non poderá superar un volume total de axudas en cada exercicio de 3 millóns de euros.
Cargadores e rede de loxística de subministración a vehículos eléctricos: ata o 20% do investimento cun límite de 1 millón de euros por proxecto.
SECTOR EDIFICACIÓN
Promoción de investimentos na rehabilitación da envolvente térmica de edificios existentes: investimentos na envolvente térmica dos edificios destinados a reducir a demanda enerxética de calefacción e refrixeración.
Cumplir CTE -HE-1: 22% do investimento cos seguintes límites:
Promoción de investimentos na renovación de instalacións térmicas de edificios: Investimentos en equipos, instalacións e sistemas que transforman ou consomen enerxía, proxectos de enxeñería, obra civil, montaxe e posta en marcha.
Promoción de investimentos na renovación da iluminación interior: investimentos en equipos, instalacións e sistemas que supoñan un nivel de eficiencia mínimo marcado no HE3.
Rehabilitación de edificios: investimentos en mellora da eficiencia enerxética de edificios existentes
SECTOR TRANSFORMACIÓN DA ENERXÍA
Promoción de investimentos en instalacións de coxeración en sectores non industriais: Investimentos en equipos, instalacións e sistemas que transforman ou consomen enerxía, proxectos de enxeñería, obra civil, montaxe e posta en marcha, cunha potencia superior a 150 kWe.
Promoción de investimentos en instalacións de microcoxeración: investimentos en equipos, instalacións e sistemas que transforman ou consomen enerxía, proxectos de enxeñería, obra civil, montaxe e posta en marcha, cunha potencia inferior a 150 kWe.
Prazos
A convocatoria 2008 estará aberta desde a data de publicación no Boletín Oficial do Estado e pechará aos tres meses.
Instrumento de Xestión
O instrumento seleccionado para apoiar as empresas dentro deste programa serán os CONVENIOS ou CONTRATOS-PROGRAMA DE INVESTIMENTO EN AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA entre as empresas ou corporacións seleccionadas e o IDAE.
Para chegar a eles, na convocatoria anual de axudas publicada no BOE como Resolución do Consello de Administración do IDAE, especificarase o contido que deberán incluír as propostas das empresas (plans estratéxicos de investimentos en proxecto de aforro e eficiencia enerxética 2008-2012).
Algúns dos elementos que comporán este Plan estratéxico serán:
A determinación dos custos elixibles dos proxectos de investimento, ademais dos aforros enerxéticos e a redución de emisións, deberá ser avalada por un axente externo acreditado por ENAC que certificará o método de avaliación de acordo coas Directrices.
Este axente presentará un informe non vinculante que acompañará o Plan estratéxico de investimentos.
As condicións incluídas no CONVENIO ou CONTRATO-PROGRAMA figurarán na convocatoria anual.
Procedemento
Datos de Contacto
A entrega física das solicitudes asinadas, segundo o formulario habilitado para o efecto na propia convocatoria, deberá efectuarse nas oficinas do IDAE situadas na rúa Madera número 8 (traseira pola rúa San Roque 7), 28004-Madrid, dirixidas ao director xeral do IDAE, indicando no sobre “Solicitude de participación no PROGRAMA DE AXUDAS IDAE AO FINANCIAMENTO DE PROXECTOS ESTRATÉXICOS DE INVESTIMENTO EN AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA”, onde se fagan constar claramente os datos da entidade remitente.