Buscador de contidos de IDAE

icono facebook icono twitter
Infomación IDAE
Regístrate
  • Inicio >
  • A etiqueta enerxética
A +    A -   

A etiqueta enerxética

Novo Etiquetado Enerxético

O ámbito de aplicación da etiqueta enerxética é europeo e constitúe unha ferramenta informativa ó servizo dos compradores de aparatos consumidores de electricidade. Permite ó consumidor coñecer de forma rápida a eficiencia enerxética dun electrodoméstico. Ten que exhibirse obrigatoriamente en cada electrodoméstico posto á venda.

Os tipos de electrodoméstico que teñen obriga de etiquetarse enerxeticamente son:

Frigoríficos e Conxeladores.

Lavadoras.

Lavalouza.

Secadoras.

Lavadoras - secadoras.

Fontes de luz domésticas.

Forno eléctrico.

Aire acondicionado.

As etiquetas teñen unha parte común que fai referencia á marca, denominación do aparato e clase de eficiencia enerxética; e outra parte que varía duns electrodomésticos a outros e que fai referencia a outras características, segundo a súa funcionalidade: por exemplo, a capacidade de conxelación para frigoríficos ou o consumo de auga para lavadoras.


Existen 7 clases de eficiencia, identificadas por un código de cores e letras que van desde a cor verde e a letra A para os equipos máis eficientes, ata a cor vermella e a letra G para os equipos menos eficientes. Para ampliar información consulte a "Guía práctica da enerxía".


Pode, ademais, acceder á base de datos que o IDAE, como Ferramenta Informativa, pon ó servizo do consumidor, na que atopará os electrodomésticos con etiquetado enerxético de clase A ou superior, xunto con algunhas das súas características técnicas máis relevantes. Esta base de datos, con case tódolos electrodomésticos que Vde. pode atopar no mercado español, actualízase periodicamente cos datos proporcionados por ANFEL (Asociación Nacional de Fabricantes e Importadores de Electrodomésticos de Liña Branca) e ANGED (Asociación Nacional de Grades Empresas de Distribución), a partir da información oficialmente declarada polos fabricantes que voluntariamente decidiron incorporarse á base de datos.

La Etiqueta Energética lleva informando a los consumidores de electrodomésticos desde 1995. Pero los grandes avances tecnológicos producidos hacen necesaria una revisión para poder adaptarla a la eficiencia energética más allá de la A actual


RSS Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía. C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 91 456 49 00
Goberno de EspańaMinisterio de Industria, Enerxía e Turismo