Buscador de contidos de IDAE

icono facebook icono twitter
Infomación IDAE
Regístrate
A +    A -   

Domótica

A domótica é a automatización e o control aplicados á vivenda. Realízase mediante equipos que dispoñen de capacidade para comunicarse interactivamente entre si, para seguir as instrucións dun algoritmo ou programa previamente establecido polo usuario da vivenda e con posibilidades de cambio segundo os seus intereses. Como consecuencia, a domótica permite unha maior calidade de vida, reduce o traballo doméstico, aumenta o benestar e a seguridade e racionaliza o consumo de enerxía.

Mediante a incorporación de sistemas domóticos no fogar, pódese xestionar intelixentemente a iluminación, a climatización, a auga quente sanitaria, o rego, os electrodomésticos, etc. Deste xeito, aprovéitanse mellor os recursos naturais, utilízanse as tarifas horarias de menor custo, o que permite reducir a factura enerxética ao tempo que se gaña en confort e seguridade.

A Asociación Española de Domótica (CEDOM), en colaboración co IDAE, elaborou a guía Como aforrar enerxía instalando domótica na súa vivenda. Gañe en confort e seguridade. Está dirixida ao cidadán para dar a coñecer a contribución da domótica no aforro de enerxía e fomentar o consumo responsable desta.

Ligazóns externas de interese: 

Asociación Española de Domótica (CEDOM) 



Vista en primeiro plano dun mando a distancia que se está utilizando.


DOCUMENTOS ADXUNTOS (Abriranse noutra páxina)



RSS Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía. C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 91 456 49 00
Goberno de EspańaMinisterio de Industria, Enerxía e Turismo