O Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios (RITE) establece as condicións que deben cumprir as instalacións destinadas a atender a demanda de benestar térmico e hixiene a través de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria para acadar un uso racional da enerxía.
O Consello de Ministros do 20 de xullo de 2007 aprobou un novo texto revisado do RITE que derroga o anterior. Trátase do Real Decreto 1027/2007. Con posterioridade publicouse unha corrección de erros.
O 11 de decembro de 2009 foi publicado o Real Decreto 1826/2009, do 27 de novembro, polo que se modifica o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios, aprobado polo Real decreto 1027/2007 do 20 de xullo.
Corrección de erros do Real decreto 1826/2009 publicado no BOE número 38 do 12/2/2010
Corrección de erros do Real decreto 1826/2009 publicado no BOE número 127 do 25/5/2010.
A necesidade de transposición parcial da Directiva Directiva 2002/91/CE de eficiencia enerxética dos edificios, así como a harmonización co Documento Básico de Aforro de Enerxía do Código Técnico da Edificación, a incorporación de novas esixencias de aforro e eficiencia enerxética deste tipo de instalacións e a experiencia da súa aplicación práctica durante os últimos anos converxen na revisión deste regulamento.
O Real decreto foi elaborado conxuntamente polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o Ministerio de Vivenda.
As maiores esixencias en eficiencia enerxética que establece o RITE concrétanse en:
Maior rendemento enerxético nos equipos de xeración de calor e frío, así como os destinados ao movemento e ao transporte de fluídos.
Mellor illamento nos equipos e conducións dos fluídos térmicos.
Mellor regulación e control para manter as condicións de deseño previstas nos locais climatizados.
Utilización de enerxías renovables dispoñibles, en especial a enerxía solar e a biomasa.
Incorporación de subsistemas de recuperación de enerxía e o aproveitamento de enerxías residuais.
Sistemas obrigatorios de contabilización de consumos no caso de instalacións colectivas.
Desaparición gradual dos combustibles sólidos máis contaminantes.
Desaparición gradual dos equipos xeradores menos eficientes.
Co fin de facilitar o cumprimento das esixencias do RITE créanse os denominados documentos recoñecidos, que se definen como documentos técnicos sen carácter regulamentario, pero que contan co recoñecemento conxunto do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o Ministerio de Vivenda. De acordo co artigo 7 do RITE foi creado un Rexistro xeral de documentos recoñecidos do RITE, adscrito á Secretaría Xeral de Enerxía do Ministerio de Industria, Enerxia e Turismo.
O RITE, ademais, impón a obriga de revisar e actualizar periodicamente, polo menos cada cinco anos, as esixencias de eficiencia enerxética. Esta tarefa é competencia da Comisión Asesora do RITE, encargada de realizar as propostas conforme á evolución da técnica e da política enerxética nacional.
Este Real decreto ten o carácter de regulamentación básica do Estado. Para a súa aplicación as comunidades autónomas deberán desenvolver a regulamentación complementaria correspondente, isto é, as comunidades autónomas poderán introducir requisitos adicionais sobre as mesmas materias cando se trate de instalacións radicadas no seu territorio.
Xornadas de presentación RITE 2007 (Regulamento de Instalacións Térmicas dos Edificios). O IDAE e o Ministerio de Vivenda xunto coas comunidades autónomas organizaron xornadas de presentación e difusión do novo RITE en cada comunidade autónoma.
Acceda á documentación en Presentación Rite 2007:
Antecedentes e Parte 1 (formato .PDF) - Descargar a presentación
IT.1 Esixencias de benestar e hixiene (formato .PDF) - Descargar a presentación
IT.1.2 Esixencias da eficiencia enerxética (formato .PDF) – Descargar a presentación
IT.1.3 Esixencias da seguridade (formato .PDF) – Descargar a presentación
IT.2 Montaxe | IT.3 – Mantemento e uso | IT.4 - Inspección (formato .PDF) –Descargar a presentación
Ligazóns de interese
Contactos dos organismos colaboradores e que participaron na revisión do RITE
Guías Técnicas de Aforro e Eficiencia Enerxética en Climatización. O IDAE, co fin de incrementar a eficiencia enerxética das instalacións térmicas dos edificios, promoveu a redacción dunha serie de Guías Técnicas dirixidas a proxectistas, instaladores, mantedores, inspectores e usuarios das mesmas.