Ir ó contido da web | Ir á web


Buscador de contidos de IDAE Busca Avanzada

ImprimirImprimir

Plan Renove de Electrodomésticos

O Plan Renove de Electrodomésticos constitúe unha das medidas do Plan de Acción de Aforro e Eficiencia Enerxética 2005-2007 e incluíuse igualmente no segundo Plan de Acción 2008-2012.


Vista frontal dunha etiqueta enerxética

Hai que ter en conta que tódolos anos se substitúen en España 2,8 millóns de electrodomésticos (frigoríficos, conxeladores, lavadoras e lavalouza). A compra dun novo electrodoméstico para “reposición” non leva necesariamente á retirada do que se substitúe, que se segue utilizando, por exemplo, na segunda vivenda ou para outros usos. O obxectivo do Plan Renove é fomentar a retirada das vivendas dos aparatos antigos, fabricados cando non existía a obriga de etiquetalos enerxeticamente e substituílos por outros coa máxima eficiencia enerxética.

Os requisitos xerais do Plan Renove son os seguintes:

  • Os potenciais beneficiarios poden ser persoas físicas ou xurídicas, de natureza pública ou privada, que substitúan electrodomésticos dos incluídos nas liñas de apoio.
  • As axudas estarán destinadas á substitución de electrodomésticos por outros de etiqueta enerxética de clase A ou superior, segundo os casos, dos seguintes tipos: frigoríficos, conxeladores, lavadoras e lavalouza, fornos eléctricos, mesados de gas e mesados de indución.
  • A contía da axuda dependerá de cada Comunidade Autónoma, cun mínimo de 50 euros/aparato.
  • A aplicación do incentivo económico só se realizará contra a entrega do aparato polo que se substitúa para o seu reciclado, segundo o procedemento establecido no Real Decreto 208/2005, de 25 de febreiro, sobre aparatos eléctricos e electrónicos e a xestión dos seus residuos.

A xestión do Plan Renove realízase directamente por parte de cada Comunidade Autónoma, cos prazos, procedementos e condicións que cada unha estableza durante o ano 2008.


O IDAE publica como Ferramenta Informativa para o consumidor unha BASE DE DATOS, periodicamente actualizada, que contén os electrodomésticos con etiquetado enerxético de clase A ou superior, xunto con algunhas das súas características técnicas máis relevantes.

Os datos son proporcionados por ANFEL (Asociación Nacional de Fabricantes e Importadores de Electrodomésticos de Liña Branca) e ANGED (Asociación Nacional de Grandes Empresas de Distribución), a partir da información oficialmente declarada polos fabricantes que voluntariamente decidiron incorporarse á base de datos.

Consulte esta base de datos de electrodomésticos máis eficientes, contén case a totalidade dos electrodomésticos que Vde. pode atopar no mercado español.



RSS RSS
Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía.
C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 91 456 49 00