AGRICULTURA
Clasificación Enerxética dos Tractores Vendidos en España
O IDAE traballa para implantar medidas de eficiencia enerxética co fin de reducir os impactos negativos que o aumento do consumo da enerxía (custos e emisións) ten na actividade agrícola. Con este fin, trata de implantar unha serie de accións claves que poidan ter un impacto directo e significativo nos índices enerxéticos do sector.
Estas accións son:
Ligazóns de interese:
Curso de Xestor Enerxético de Comunidades de Regadores: Curso dirixido aos xestores enerxéticos de comunidades de regadores que estean traballando ou queiran traballar neste ámbito. O obxectivo xeral do curso é coñecer as técnicas de aforro e eficiencia enerxética nos sistemas colectivos de rego co fin de formar aos técnicos e aos asesores de comunidades de regadores na xestión eficiente da enerxía.
Documentos de aforro e eficiencia enerxética na agricultura
Clasificación Enerxética dos Tractores Vendidos en España: Ao adquirir un tractor novo parouse a pensar cal é o que consumirá menos gasóleo durante a súa vida útil? Cal é o máis eficiente? O IDAE e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación desenvolveron unha metodoloxía para a clasificación dos tractores agrícolas en función da súa eficiencia enerxética.
PESCA
O IDAE presta apoio técnico e económico ao proxecto Peixe Verde.
O propósito final deste proxecto é que a pesca incorpore no seu desenvolvemento e xestión criterios de eficiencia enerxética como criterio básico para a súa viabilidade, para reducir as emisións contaminantes e mellorar a súa competitividade.
Auditorías energéticas en barcos de pesca
A continuación preséntanse os resultados máis destacados das auditorías enerxéticas efectuadas polo INEGA sobre barcos de pesca de portos galegos, froito das medidas estipuladas no Convenio Marco de Colaboración do Plan de acción 2008-2012 subscrito entre o IDAE e a Xunta de Galicia.
Resumo sobre o desenvolvemento da medida do Plan de Acción 2008-2012 "Mellora do aforro e a eficiencia enerxética no sector pesqueiro"