No marco do Plan de enerxías renovables en España 2005-2010, o 20 de marzo de 2009 foi publicada no Boletín Oficial do Estado a Resolución da Presidencia do Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía, pola que se establece a convocatoria e as bases correspondentes á habilitación de empresas colaboradoras no Programa de acordos voluntarios con empresas do sector da biomasa térmica en edificios.
Con este programa preténdese establecer un sistema de financiamento que impulse unha oferta de calidade e adaptada ás necesidades dos usuarios de auga quente e climatización en edificios, utilizando a biomasa, todo isto no marco do Plan de enerxías renovables en España 2005-2010.
Para o financiamento dos proxectos presentados polas empresas homologadas e que cumpran os requisitos do programa, o IDAE dispuxo un orzamento específico por importe de 5 000 000 euros.
Listaxe de empresas habilitadas no Programa Biomcasa
A presentación de solicitudes efectuarase segundo as bases e o modelo de solicitude que poden atopar nesta páxina como documentos adxuntos.
Ten á súa disposición, en versión impresa, a Guía técnica de instalacións de biomasa térmica en edificios (2009). Guía técnica de instalaciones de biomasa térmica en edificios (2009). (Máis información sobre esta guía no Departamento de Publicacións do IDAE).