Imprimir
O 24 de febreiro de 2009 foi aprobada polo Consello de Administración do IDAE a formalización de tres convenios de colaboración cos municipios de Sevilla, Madrid e Barcelona, para a execución e posta en funcionamento dunha rede piloto de estacións de recarga pública de vehículos eléctricos no marco do Proxecto Piloto MOVELE (MOBELE), como paso previo e imprescindible para a introdución da mobilidade eléctrica nos seus ámbitos urbanos.
Un dos obxectivos do Proxecto MOVELE (MOBELE) é activar, dentro das administracións locais implicadas, medidas impulsoras que permitan xerar unha rede de puntos de subministración nas rúas e aparcadoiros públicos, como paso anterior á posta en circulación dun total de 2.000 vehículos eléctricos no prazo máximo de dous anos.
La firma de estos Convenios en al marco del proyecto MOVELE deberá permitir la instalación de 546 puntos de recarga públicos en el horizonte 2009-2010. El coste total de la Inversión asociada a esta infraestructura ascenderá a 2.559.164 €, de los cuales 1.017.000 € corresponderá a la aportación económica que IDAE dirigirá a los Municipios para la co-financiación de sus proyectos de colaboración.
| Sevilla | Madrid | Barcelona | TOTAL | |
| Puntos de recarga (uds) | 75 | 280 | 191 | 546 |
| Investimento en instalacións (€) | 488.498 | 1.366.000 | 704.666 | 2.559.164 |
| Apoio IDAE | 144.000 | 586.000 | 287.000 | 1.017.000 |
Con vistas a estender a un maior número de cidades españolas a posibilidade de cofinanciar o desenvolvemento de redes de puntos de recarga de vehículos eléctricos, o IDAE incluíu dentro dos convenios de colaboración coas comunidades autónomas do Plan de Acción 2008-2012, a posibilidade de presentar proxectos piloto nestas tecnoloxías dentro da Medida Prioritaria de Plans de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS).
As distintas administracións autonómicas que xestionan estes programas de colaboración dispoñen da opción de financiar estas redes nas mesmas condicións ca nas cidades pioneiras do Proxecto MOVELE (MOBELE), coa excepción de que a instalación mínima debe dispoñer de, polo menos, 10 puntos de recarga de acceso público e o volume de axudas límite será do 40% do orzamento, cun límite por proxecto de 200.000 euros de axudas con cargo a esta medida.
As cidades e empresas interesadas en levar a cabo estes proxectos deben dirixirse ás entidades responsables en cada comunidade autónoma ou ben ao correo electrónico do proxecto MOVELE (MOBELE).