Unha central hidroeléctrica está constituída polo conxunto de instalacións necesarias para transformar a enerxía potencial dun curso de auga —como consecuencia da diferenza de nivel entre dous puntos— en enerxía eléctrica dispoñible.
Segundo o emprazamento da instalación, pódense clasificar principalmente en tres grandes grupos:
Centrais de auga fluente: son aproveitamentos que, mediante unha obra de toma nunha preseira, captan unha parte do caudal circulante polo río, condúceno á central para ser turbinado e posteriormente é restituído ao río.
Centrais de pé de presa: son instalacións que aproveitan o desnivel creado pola propia presa e que poden regular os caudais de saída para ser turbinados en función dos usos da presa (hidroeléctricos, regadíos o abastecementos).
Centrais en canle de rego ou de abastecemento: son aproveitamentos que empregan o desnivel existente na canle (rápida) ou tubaxe, mediante unha toma na canle, tubaxe forzada que conduce a auga ata a turbina para posteriormente devolvela á canle.
Unha minicentral hidroeléctrica é unha instalación hidroeléctrica cunha potencia instalada igual ou inferior a 10 MW.