Buscador de contidos de IDAE

icono facebook icono twitter
Infomación IDAE
Regístrate
A +    A -   

Edificación

Na nosa vida diaria somos usuarios de máis dun edificio. Comezamos pola nosa propia residencia e o lugar de traballo, pero tamén somos usuarios doutros edificios, como os que prestan servizos docentes, sanitarios, culturais, etc. En cada un deles consúmese enerxía para satisfacer as necesidades de calefacción, refrixeración, dispoñibilidade de auga quente sanitaria, ventilación, iluminación, cocción, lavado, conservación dos alimentos, ofimática, etc. A suma deste consumo representa en España o 20% do consumo de enerxía final, unha porcentaxe que tende ademais a incrementarse.

Actualmente, esa actuación concrétase no desenvolvemento das medidas concretas que identifica o Plan de acción 2005-2007 da estratexia de eficiencia enerxética para España, para os sectores de edificación e equipamento residencial e ofimático.
Neste sentido, as principais directrices de actuación presentes e futuras son as que establece a Directiva 2002/91/CE, relativa á eficiencia enerxética dos edificios e a Directiva 2006/32/CE, sobre a eficiencia do uso final da enerxía e os servizos enerxéticos.
 



Vista desde enriba dun conxunto de edificios de cor vermella ó solpor




RSS Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía. C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 91 456 49 00
Goberno de EspańaMinisterio de Industria, Enerxía e Turismo