Ir ó contido da web | Ir á web


Buscador de contidos de IDAE Busca Avanzada

ImprimirImprimir

Biocombustibles

Coñécese como biocombustibles ó conxunto de combustibles líquidos, procedentes de distintas transformacións da materia vexetal ou animal. Poden ser empregados en motores de vehículos, en substitución dos derivados de combustibles fósiles convencionais. Baixo esta denominación, non obstante, recóllense dúas liñas de produtos totalmente diferentes, a do bioetanol e a do biodiésel.


Vista frontal en primeiro plano dun xirasol amarelo aberto, con moita cor

O bioetanol obtense a partir de cultivos tradicionais, como os do cereal, millo ou remolacha, mediante procesos de adecuación da materia prima, fermentación e destilación. As súas aplicacións van dirixidas á mestura con gasolinas ou ben á fabricación de ETBE, un aditivo osixenado para as gasolinas sen chumbo.

Pola súa parte, a produción de biodiésel realízase a través de operacións de transesterificación de aceites vexetais, ben puros (xirasol ou colza, por exemplo), ben usados. O produto así obtido é empregado en motores diésel como substituto do gasóleo, xa sexa en mesturas con este ou como único combustible.




RSS RSS
Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía.
C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 91 456 49 00