Ir ó contido da web | Ir á web


Buscador de contidos de IDAE Busca Avanzada

ImprimirImprimir

Plan de Enerxías Renovables 2005-2010

O Plan de Enerxías Renovables 2005-2010 actualmente en vigor foi aprobado polo Consello de Ministros o 26 de agosto de 2005.


Instalación de placas solares nunha vila onde se ve a torre da igrexa sobre o ceo azul

O PER foi elaborado co propósito de reforzar os obxectivos prioritarios da política enerxética do Goberno, que son a garantía da seguridade e calidade do subministro eléctrico e o respecto ó medio ambiente, e coa determinación de dar cumprimento ós compromisos de España no ámbito internacional (Protocolo de Kioto, Plan Nacional de Asignación), e ós que se desprenden da nosa pertenza á Unión Europea.

O forte crecemento da intensidade enerxética dos últimos anos foi unha razón adicional de peso á hora de elaborar o novo Plan.

Segundo o previsto no Plan, o 12,1% do consumo global de enerxía en 2010 será abastecido por fontes renovables, contribuíndo á produción do 30,3% do consumo bruto de electricidade. Os biocarburantes aportarán un 5,83% do consumo de gasolina e gasóleo para o transporte.

O importe total do investimento previsto no Plan é de 23.598.641 miles de euros .

A súa posta en marcha, conxuntamente co Plan de Acción 2005-2007, e máis recentemente co novo Plan de Acción 2008-2012 (PAE4+), da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética, van permitir reducir os nosos consumos de enerxía e minorar a nosa dependencia enerxética do exterior, ó tempo que contribuirán de maneira esencial a reducir a contaminación.



Documentos adxuntos (Abriranse noutra páxina)


RSS RSS
Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía.
C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 91 456 49 00