Buscador de contidos de IDAE

icono facebook icono twitter
Infomación IDAE
Regístrate
  • Inicio >
  • MOVELE. Estratexia integral para o vehículo eléctrico
A +    A -   

MOVELE. Estratexia integral para o vehículo eléctrico

O IDAE e a mobilidade eléctrica

Proxecto Piloto MOVELE. (Proxecto Piloto de MObilidade ELÉCtrica)

O Plan de activación do aforro e a eficiencia enerxética 2008-2011, aprobado polo Consello de Ministros o 1/8/2008, inclúe na súa Medida nº4 o desenvolvemento dun proxecto piloto de introdución de vehículos eléctricos co obxectivo de demostrar a viabilidade técnica, enerxética e económica desta alternativa de mobilidade.

O Proxecto MOVELE, xestionado e coordinado polo IDAE, consiste na introdución nun prazo dous anos (2009 e 2010), dentro de contornas urbanas, de 2000 vehículos eléctricos de diversas categorías, prestacións e tecnoloxías, nun colectivo amplo de empresas, institucións e particulares, así como na instalación de 500 puntos de recarga para estes vehículos, cos seguintes obxectivos:

Demostrar a viabilidade técnica e enerxética da mobilidade eléctrica nas contornas urbanas, situando a España entre as escasas experiencias reais de demostración das tecnoloxías de mobilidade con enerxía eléctrica.

Activar dentro das administracións locais implicadas medidas de pulo deste tipo de vehículos: infraestrutura pública de recarga, reserva de prazas de aparcamento, circulación por carrís bus-taxi, etc.

Implicar a empresas do sector privado na introdución do vehículo eléctrico: empresas eléctricas, empresas de seguros e de financiamento (renting), etc.

Servir como base para a identificación e pulo de medidas normativas que favorezan esta tecnoloxía: medidas fiscais na compra ou uso dos vehículos, tarifas de subministración, modificación de normas que impidan a súa evolución (acceso a puntos de recarga en vivendas comunitarias, homologación), etc.

O proxecto conta cunha dotación de 10 millóns de euros destinados aos seguintes conceptos: Infraestruturas de recarga (15%), Xestión, estudos e seguimento (5%) e Adquisición de vehículos (80%).

Gráfico que muestra el reparto de fondos del proyecto MOVELE

 


Actividades do IDAE no marco do Plan MOVELE

Desenvolvemento de accións marcadas no Plan de acción de pulo do VE 2010-2012:

  1. Apoio ás cidades con mobilidade eléctrica: guía, selo MOVELE, convenio con FEMP.
  2. Apoio ao desenvolvemento de infraestruturas de recarga. Medidas de colaboración do IDAE coas comunidades autónomas no marco do PAE4+. 
  3. Plan de marketing do VE nas frotas: o IDAE asinou un convenio de colaboración coa AEGFA para levar a cabo un conxunto de accións de comunicación que permitan activar a incorporación do VE nas frotas. 
  4. Participación en proxectos internacionais: EVI (Electric Vehicle Iniciative), Grupo de Traballo EV-HEV da AIE, SAB do Proxecto Grid for Vehicles (G4V). 
  5. Participación en foros nacionais relacionados co Vehículo Eléctrico: Foro CDTI, Proxecto REVE, Foro TIC/Sustentabilidade, FOREVE, Prospectiva VE da EOI…
  6. Colaboración no desenvolvemento de medidas normativas e lexislativas de fomento do VE en España (Rd de axudas para a adquisición de VE; Rd do xestor de cargas de VE; Rd de introdución de puntos de recarga de VE nas cidades, edificios, parkings, vivendas…; ITC de modificación do REBT para incorporación de puntos de recarga de VE nas edificacións, fomento do VE no ámbito do borrador da Lei de enerxías renovables e eficiencia enerxética...).


Logotipo Movele Detalle de enchufe de recarga conectado a vehículo eléctrico Vehículo eléctrico circulando por unha estrada. Ao fondo vense dous aeroxeradores




RSS Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía. C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 91 456 49 00
Goberno de EspańaMinisterio de Industria, Enerxía e Turismo