Imprimir
O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio puxo en marcha unha iniciativa para dar a coñecer a utilización de lámpadas de baixo consumo nos fogares españois.
Un pequeno xesto para ti.
Utilizar estas lámpadas supón un notable aforro de enerxía, xa que consomen un 80% menos ca as convencionais e duran entre 6 e 8 veces máis.
A Unión Europea vai implantar o seu uso xeneralizado en 2011.
Un gran xesto para todos.
Coas lámpadas de baixo consumo reducimos o consumo eléctrico e as emisións de CO2.
| Calendario de reparto 2010. Campaña bombillas de bajo consumo | |||
| Comunidades Autónomas | Inicio reparto del cupón | Inicio reparto | |
| Aragón | En ejecución | Abril 2010 | |
| La Rioja | En ejecución | Abril 2010 | |
| Navarra | En ejecución | Abril 2010 | |
| Madrid | En ejecución | Abril 2010 | |
| Galicia | En ejecución | Abril 2010 | |
| País Vasco | En ejecución | Abril 2010 | |
| Cataluña | En ejecución | Abril 2010 | |
| Castilla y León | En ejecución | Abril 2010 | |
| Asturias | En ejecución | Abril 2010 | |
| Cantabria | En ejecución | Abril 2010 | |
| Extremadura | En ejecución | Abril 2010 | |
| Castilla-La Mancha | En ejecución | Abril 2010 | |
| Andalucía (inc. Cauta y Melilla) | En ejecución | Abril 2010 | |
| Murcia | En ejecución | Abril 2010 | |
| Valencia | En ejecución | Abril 2010 | |
| Baleares | En ejecución | Abril 2010 | |
| Canarias | En ejecución | Abril 2010 | |
Proximamente recibirás, xunto coa túa factura da luz, un vale que poderás mudar por unha lámpada de baixo consumo na oficina de Correos máis próxima ao teu domicilio habitual de xeito gratuíto.
Cada pequeno xesto conta.
Coas lámpadas de baixo consumo todo son vantaxes
Fronte ás lámpadas tradicionais incandescentes, as de nova tecnoloxía de baixo consumo teñen moitísimas vantaxes:

| Para lámpadas de 8.000 horas e un prezo do kWh no fogar ao redor de 0,17 €, os aforros serían os seguintes: | |||
| ANTES | AGORA | AFORRAS | |
| Lámpada incandescente | Lámpadas de baixo consumo | Custo electricidade/td> | |
| 40W | 9W | 42€ | |
| 60W | 11W | 67€ | |
| 75W | 15W | 82€ | |
| 100W | 20W | 109€ | |
Como sacarlles o máximo rendemento ás lámpadas de baixo consumo
É conveniente instalalas nos puntos de iluminación do fogar con maior número de horas de acendido ao ano. Aforrarás máis e a lámpada de baixo consumo durarache máis.
É aconsellable poñelas naquelas habitacións de uso máis continuado. O acendido e apagado frecuente das lámpadas de baixo consumo reduce a súa vida útil.
Elixe a tonalidade de luz da lámpada de baixo consumo de acordo coas túas necesidades e gustos. Existe unha ampla variedade de gamas.
O casco convencional que teñen as lámpadas de baixo consumo permite a súa substitución sen problema ningún.
Cando remata a súa vida útil, deben ser recicladas. Entrégaas na túa tenda habitual ou deposítaas nun punto limpo.
Consellos útiles para aforrar enerxía na iluminación do fogar

Aforra enerxía sen renunciar ao confort
A iluminación representa a quinta parte do consumo eléctrico do teu fogar.
Para conseguir unha boa iluminación, debes analizar as necesidades de cada unha das estancias da vivenda e ter moi presente que non
todos os espazos requiren a mesma cantidade de luz, nin durante o mesmo tempo, nin coa mesma intensidade. Por iso, é moi importante elixir a lámpada máis adecuada para cada ambiente.
Infórmate na túa tenda habitual ou pregúntalle ao teu instalador sobre o tipo de iluminación máis recomendable: sacaraslle o máximo rendemento ao teu consumo e aforrarás enerxía dunha maneira sinxela.
Para cualquier consulta puede dirigirse a ciudadano@idae.es, Tf.: 913 14 66 73