Buscador de contidos de IDAE

icono facebook icono twitter
Infomación IDAE
Regístrate
  • Inicio >
  • O financiamento do IDAE
A +    A -   

O financiamento do IDAE

A actividade investidora do instituto constitúe unha das liñas estratéxicas de actuación do IDAE. O seu obxectivo é impulsar proxectos que, tendo un claro compoñente de innovación tecnolóxica, gocen á vez da replicabilidade.

O xeito de participación do instituto nos proxectos depende, en cada caso, do sector do que se trate, da tecnoloxía implicada e do volume económico; materializándose, basicamente, a través das seguintes fórmulas:

O Financiamento por Terceiros (F.P.T.): constitúe un dos métodos dispoñibles máis axeitados para acometer proxectos de investimento de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de xeración de enerxía, utilizando para isto distintas fontes, incluídas as enerxías renovables. O IDAE, principal impulsor deste mecanismo de financiamento en España, vén utilizándoo con éxito desde o ano 1987.

Financiamento de proxectos e arrendamento de servizos: modelo de financiamento aplicable a proxectos de investimento en materia de aforro, eficiencia enerxética e enerxías renovables, que dispoñan dunha análise previa de viabilidade técnico-económica. Trátase dun novo modelo de colaboración financeira que supón a formalización de dous contratos: un contrato marco de colaboración e arrendamento de servizos e un contrato de financiamento de proxectos (crédito mercantil).

Outras participacións do IDAE en proxectos enerxéticos:
Unión Temporal de Empresas (UTE)
Agrupacións de Interese Económico (AIE)
Participación en sociedades mercantís
Contas de participación
Convenios de desenvolvemento tecnolóxico

Programas de axudas IDAE para proxectos estratéxicos: trátase dunha liña de apoio do IDAE para o financiamento de proxectos de aforro e eficiencia enerxética. O programa encádrase nas actuacións directas do IDAE do Plan de acción 2008-2012 da estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España (2004-2012).

Programa Biomcasa . Programa de acordos voluntarios con empresas do sector da biomasa térmica en edificios. Con este programa preténdese establecer un sistema de financiamento que impulse unha oferta de calidade e adaptada ás necesidades dos usuarios de auga quente e climatización en edificios, utilizando a biomasa, todo isto no marco do Plan de enerxías renovables en España 2005-2010.

Programa Geotcasa. Financiamento de instalacións xeotérmicas en edificios a empresas habilitadas. Con este programa preténdese establecer un sistema de financiamento que impulse unha oferta de calidade e adaptada ás necesidades dos usuarios de auga quente e climatización en edificios, utilizando a biomasa, todo isto no marco do Plan de enerxías renovables en España 2005-2010.

Programa Solcasa. Financiamento de instalacións solares térmicas en edificios a empresas habilitadas. Este programa pretende establecer un sistema de financiamento que impulse unha oferta de calidade e adaptada ás necesidades dos usuarios de auga quente e climatización en edificios, utilizando a enerxía solar térmica, todo isto no marco do Plan de enerxías renovables en España 2005-2010.

Programa GIT. Financiamento a empresas habilitadas de Grandes Instalacións Térmicas a partir de fontes renovables en edificación. O lanzamento deste programa de financiamento responde á necesidade de impulsar a execución de grandes instalacións de produción de enerxía térmica na edificación, a partir do aproveitamento das enerxías renovables biomasa, solar térmica e xeotermia.



A actividade investidora do instituto constitúe unha das liñas estratéxicas de actuación do IDAE. O seu obxectivo é impulsar proxectos que, tendo un claro compoñente de innovación tecnolóxica, gocen á vez da replicabilidade.


RSS Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía. C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 91 456 49 00
Goberno de EspańaMinisterio de Industria, Enerxía e Turismo