É a que xera electricidade. Baséase no denominado efecto fotovoltaico que se produce ao incidir a luz sobre materiais semicondutores. Deste xeito xérase un fluxo de electróns no interior deses materiais e unha diferenza de potencial que pode ser aproveitada.
Un segundo grupo de aplicacións son as conectadas á rede, que inclúen grandes centrais de potencia e pequenas instalacións asociadas a consumidores domésticos e industrias.
Por último, temos as aplicacións singulares, dedicadas á alimentación enerxética de obxectos, desde satélites artificiais a reloxos e calculadoras.
Solarízate
É un proxecto técnico divulgativo, froito de dous Convenios de Colaboración consecutivos, asinados polo IDAE e GREENPEACE. O obxectivo de “Solarízate” é instalar enerxía solar fotovoltaica en centros escolares de titularidade pública de España.
O proxecto conta cunha páxina web específica www.solarizate.org, onde se atopa dispoñible todo o material pedagóxico divulgativo sobre a enerxía solar dirixido a mestres e escolares.