O aproveitamento da enerxía do sol pode conseguirse de dúas maneiras: sen mediación de elementos mecánicos, é dicir, de forma pasiva, ou con mediación de elementos mecánicos, é dicir, de forma activa.
A enerxía solar activa, á súa vez, pode ser de baixa temperatura, media temperatura e alta temperatura, segundo a captación sexa directa, de baixo índice de concentración ou de alto índice de concentración.
As aplicación de baixa temperatura, realizadas con colectores planos vidrados, os coñecidos como paneis solares, son as máis estendidas comercialmente. As súas aplicacións de máis interese son:
En edificios. Para conseguir auga quente sanitaria, quecemento de piscinas e calefacción.
En instalacións industriais. Tamén para a preparación de auga quente sanitaria e parcelación de auga para procesos.
En instalacións agropecuarias. Para a calefacción dos invernadoiros, auga quente das piscifactorías, etc.
Refrixeración Solar. En emprazamentos con necesidades de auga fría ou refrixeración, mediante o aproveitamento de calor nun proceso de absorción.
Refrixeración Solar
Unha instalación de refrixeración con enerxía solar consiste, basicamente, nunha máquina de absorción, que se alimenta con auga quentada mediante unha instalación de enerxía solar térmica, e que produce auga arrefriada que se utiliza para refrixerar un recinto.
Basicamente consta dos sistemas seguintes:
Sistema de captación solar
Sistema de acumulación
Equipo de absorción
Sistema de apoio convencional
Sistema de consumo
Sistema de disipación
Sistema de control