Glosario
Se hai algunha palabra ou siglas que non encontra,
envíenola e pouco a pouco iremos ampliando este glosario.
- Acceso á rede
Dereito a emprega-la rede de transporte ou de distribución de toda persoa física ou xurídica que subministre electricidade a esa rede ou reciba subministro dela.
- Aeroxerador
Xerador que converte a enerxía cinética do vento en enerxía eléctrica.
- Aforro de Enerxía
O aforro de enerxía no fogar pódese conseguir, tanto polo emprego de equipos máis eficientes enerxeticamente, como pola aplicación de prácticas máis responsables cos equipos que a consomen.
- Aproveitamento hidroeléctrico
Conxunto de instalacións necesarias para transforma-la enerxía potencial dun curso de auga en enerxía eléctrica. Os aproveitamentos poden ser de auga corrente, de encoro, en canle de irrigación ou en abastecemento de auga potable. Se a potencia instalada non supera os dez megawatt, considérase minihidráulico o aproveitamento.
- AQS
Sigla de auga quente sanitaria
- Arrefriamento Progresivo
O ciclo de arrefriamento progresivo nunha secadora, permite aproveitar mellor a calor do secado e ademais evita a formación de engurras, facilitando posteriormente o emprego do ferro de pasar, o que tamén repercute nun aforro de enerxía.