En cumprimento do disposto na Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, estamos a traballar para mellorar a accesibilidade web do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE).
Así, tódalas páxinas do sitio oficial do IDAE (www.idae.es) cumpren tódolos puntos de verificación de prioridade 2 (adaptación do nivel AA) definidos na especificación de Pautas de Accesibilidade ó Contido na Web (WCAG) pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C).
Cumprimos os seguintes criterios de accesibilidade:
É propósito deste Instituto acadar a certificación de accesibilidade para toda a Web. Por elo, actualmente atopámonos inmersos nun proceso de migración de tódolos contidos para acadar que todos eles cumpran coas normas e estándares internacionais de accesibilidade. Non obstante, hai contidos que aínda non son completamente accesibles, como no caso dalgúns dos arquivos pdf ou as versións navegables dalgúns documentos, neste caso estamos a traballar para ofrecer alternativas textuais que ofrezan toda a información recollida nestes documentos. Sentimos as molestias que elo poida causar e seguimos a traballar para acadar o noso obxectivo: que todo o contido sexa accesible.
Tódolos formularios son accesibles, ou ben no encabezado deste aparece a entrada á versión accesible.
Este portal está optimizado para os navegadores Internet Explorer 6.0, Netscape 6.0 e Mozilla 1.1 ou versións superiores dos mesmos. A resolución mínima para visualizar o portal é de 800 x 600 píxels, se ben se recomenda empregar unha resolución de 1024 x 678 píxels.
Os contidos do portal realizáronse empregando XHTML e follas de estilo (CSS). A linguaxe de presentación empregado é o resultado da transformación dos documentos orixinais que están construídos de maneira estruturada usando XML.
Non obstante, somos conscientes de que a mera satisfacción destes criterios non garante por si soa un acceso doado a tódolos nosos contidos. Por iso, invitámolo a enviarnos os seus comentarios e suxestións a través das seguintes formas de contacto.