Buscador de contidos de IDAE

icono facebook icono twitter
Infomación IDAE
Regístrate
A +    A -   

Glosario


Se hai algunha palabra ou siglas que non encontra, envíenola e pouco a pouco iremos ampliando este glosario.
  • Balance enerxético
    Aplicación do principio de conservación da enerxía a un sistema mediante o que se determinan tódalas produccións e perdas de enerxía, experimentalmente ou mediante cálculo. Este tipo de sistema é útil para determinar un sistema e para identifica-las etapas nas que mellora-lo proceso.
  • Biocarburante
    Carburante líquido que se obtén a partir da biomasa e que, como o etanol ou o metanol, se pode empregar só ou mesturado con produtos petrolíferos, en motores de combustión interna.
  • Biocombustible
    Combustible sólido, líquido ou gasoso obtido a partir de biomasa.
  • Biodiesel
    Éster que se obtén pola reacción entre un alcohol, metílico ou etílico, cos ácidos graxos procedentes da hidrólise dos triglicéridos, dos aceites vexetais ou de graxas animais e en presenza dun catalizador. Ten unhas propiedades como combustible moi parecidas ao gasóleo e pódese empregar nos motores diésel como combustible único ou mesturado con gasóleo.
  • Bioetanol
    Alcohol etílico deshidratado, que se produce pola fermentación de biomasa rica en hidratos de carbono. Pódese empregar en motores de combustión interna, ben como combustible único ou mesturado con petróleo, ou como amplificador da octanaxe polo seu alto contido de osíxeno.
  • Biogás
    Mestura de metano e dióxido de carbono xunto con proporcións de outros gases, como hidróxeno, nitróxeno, sulfuro de hidróxeno e vapor de auga, que se produce durante a dixestión anaerobia da materia orgánica.
  • Biomasa
    Conxunto de materia orgánica de orixe vexetal, animal ou resultado da transformación natural ou artificial da mesma, que se pode empregar como fonte directa ou indirecta de enerxía.
  • Bitérmicos
    Variante dos electrodomésticos con consumo de auga quente, que consiste en dispoñer de dúas tomas de auga, unha para a auga fría e outra para a auga quente e unha forma especial de funcionamento. Ao requirir auga quente o aparello, pode conseguila pola toma de auga quente ou ben quentándoa coa resistencia eléctrica, ou ambos. O interesante destes electrodomésticos é considera-la posibilidade de que a auga quente que consuman proceda de sistemas renovables, como a enerxía solar, por exemplo. Só aplicable a lavadoras e lavalouzas.
  • Bombas de Calor
    É un equipo que permite refrixerar en verán e quentar en inverno, simplemente invertendo o ciclo de funcionamento. Baséase no principio segundo o cal se pode transferir calor dun medio que está a menor temperatura a outro que está a temperatura superior, aportando para iso un traballo mecánico que é o bombeo de calor. A diferencia fundamental cun equipo de refrixeración é que, mediante a incorporación dunha válvula inversora de fluxo, se pode intercambiar a función do evaporado coa do condensador. Enerxeticamente é un sistema moi eficiente, pois a enerxía térmica producida é varias veces a potencia eléctrica absorbida.
  • Buxa
    Elemento que, nas turbinas eólicas, une as pas ou o conxunto de pas ao eixe do rotor.
RSS Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía. C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 91 456 49 00
Goberno de EspańaMinisterio de Industria, Enerxía e Turismo