Nesta sección poderá atopar información sobre as diferentes actuacións que o IDAE está a levar a cabo, dirixidas especificamente ao cidadán como consumidor de enerxía. Son actuacións relacionadas co pulo do etiquetado enerxético e o fomento dos electrodomésticos e lámpadas eficientes, campañas de sensibilización e formación, información sobre o recurso eólico dispoñible no territorio nacional, etc.
Poderá, ademais, atopar os mellores e máis prácticos Consellos para o aforro de enerxía no fogar e no lugar de traballo, no coche, o correcto uso dos electrodomésticos, da calefacción e a refrixeración, así como da etiqueta enerxética.