Programas de axudas a proxectos estratéxicos
Programas de axudas do IDAE ao financiamento de proxectos estratéxicos de investimento en aforro e eficiencia enerxética. Convocatoria 2009
Para máis información contactar con proxectos estratéxicos (enviar correo electrónico proxectos estratéxicos) proyectos estratégicos
CONVOCATORIA 2009
O prazo para a presentación de solicitudes a este programa de axudas do ano 2009 finaliza o próximo 9 de xullo de 2009.
En que consiste?
Trátase dun programa de axudas do IDAE a proxectos estratéxicos de investimento en aforro e eficiencia enerxética. A convocatoria 2009 dálle continuidade á efectuada en 2008, ao compartir os obxectivos da primeira: mellorar, optimizar e complementar os recursos que se lle están facilitando ao mercado a través das CC.AA.
O Programa enmárcase nas actuacións directas do IDAE do Plan de Acción 2008-2012 da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética en España (2004-2012).
A convocatoria 2009 do Programa está dotada con 120 millóns de euros (medida núm. 2 do Plan de Activación do Aforro e a Eficiencia Enerxética, aprobado o 1/08/2008: Duplicación Programa de Axudas IDAE).
A metodoloxía de cálculo das axudas aos proxectos responde ás novas Directrices comunitarias sobre axudas estatais en favor do medio natural (2008/C 82/01).
Obxectivos do Programa
O programa persegue complementar e reforzar os esforzos que se están levando a cabo por parte das diferentes administracións para incentivar as empresas a realizar proxectos plurianuais de investimento en tecnoloxías de aforro e eficiencia enerxética.
Trátase de cubrir determinada tipoloxía de proxectos que non contan co suficiente apoio cos mecanismos actuais existentes, cunha visión de apoio continuo (plurianual), aberto (beneficiarios directos e indirectos) e diverso (sectores industrial e terciario).
Tipoloxía de proxectos
Defínense tres tipos de proxecto obxectivo do Programa:
- Proxecto estratéxico (PE): conxunto de actuacións que teñen como obxecto unha redución significativa dos consumos enerxéticos específicos nos seus procesos e/ou instalacións, co fin de mellorar a competitividade enerxética da empresa solicitante e reducir a distancia que os separa das empresas punteiras en tecnoloxía enerxética no seu sector, contribuíndo a diminuír o impacto ambiental. Os investimentos deberán realizarse en, polo menos, tres comunidades autónomas.
- Proxecto singular innovador (PSI): proxectos de optimización enerxética con cambio de proceso en grande industria, que cumpran certas particularidades tales como: volume de fondos, carácter exemplarizante do proxecto no sector, aforro enerxético xerado, grao de ecoinnovación, etc. Os investimentos poderán estar localizados nunha soa comunidade autónoma e cinguiranse ao sector industrial.
- Proxecto sectorial conxunto (PSC): conxunto de proxectos en empresas dun mesmo sector con obxectivos tecnolóxicos e enerxéticos iguais cuxa aplicación en grupo garante un maior grao de implantación destas novas tecnoloxías. Os investimentos deberán realizarse en, polo menos, 3 comunidades autónomas.
Os proxectos deberán axustarse aos seguintes límites de investimento elixible:
Límites de investimento elixibles en función do tipo de proxecto e de empresa
| Tipo de Proyecto |
Ámbito Territorial |
Tipoloxía de beneficiario/empresas |
Investimento en millóns €. |
| |
|
|
Mínimo |
Máximo |
| Proxecto estratéxico |
Mínimo 3 CC.AA. |
Todos (industria; terciario; ESE; empresas de financiamento de compra de bens de equipo ou vehículos) |
1,0 |
40,0 |
| Proxecto singular innovador |
Mínimo 1 CC.AA. |
Industria |
0,5 |
20,0 |
| Proxecto sectorial conxunto |
Mínimo 3 CC.AA. |
ESE; empresas de financiamento de compra de bens de equipo ou vehículos |
1,0 |
20,0 |
Beneficiarios
- Empresas do sector industrial, industria manufactureira excepto refino e xeración, transporte e distribución eléctrica.
- Empresas do sector terciario (comercio, distribución, hostalería, sanidade, banca, transporte, etc.) con instalacións ou centros de actividade nun mínimo de tres comunidades autónomas nas cales se desenvolvan os investimentos.
- Empresas de servizos enerxéticos (ESE), entendendo como tal a definición máis ampla posible que inclúa todo o sector da enerxía ou organizacións que proporcionen este tipo de servizos directos ou indirectos. Estas empresas deberán actuar para terceiros, nos sectores antes indicados e levando a cabo investimentos incluídos na tipoloxía de proxectos do programa de axudas, en polo menos tres comunidades autónomas. En calquera caso, os proxectos aprobados neste tipo de beneficiarios en modo indirecto deberán reflectir que os aforros enerxéticos subvencionados repercuten nos usuarios finais e os investimentos subvencionados deberán figurar no balance da ESE un mínimo de 5 anos.
- Empresas de financiamento de compra de bens de equipo ou vehículos, coas mesmas condicións sinaladas paras as ESE, e figurarán os investimentos subvencionados no balance un mínimo de 3 anos.
TECNOLOXÍAS SECTORIAIS
Sector industrial
Promoción de investimentos en substitución de equipos e instalacións en mellor tecnoloxía dispoñible (MTD): investimentos en equipos de proceso, instalacións e sistemas que transforman ou consomen enerxía no proceso produtivo, ademais dos sistemas auxiliares necesarios para o funcionamento; proxectos de enxeñería asociada; obra civil de implantación deses equipos; montaxe e posta en marcha.
Sector transporte
Promoción do investimento na renovación de frotas e promoción de combustibles alternativos no transporte: investimento en equipos destinados ao transporte de persoas e mercadorías por estrada (vehículos turismo e industriais eléctricos, de hidróxeno e híbridos), e en cargadores e rede de loxística de subministración a vehículos eléctricos.
Sector edificación
- Promoción de investimentos na rehabilitación da envolvente térmica de edificios existentes: investimentos na envolvente térmica dos edificios destinados a reducir a demanda enerxética de calefacción e refrixeración.
- Construción de edificios novos con cualificación enerxética A ou B: investimentos en edificios de nova construción (medidas de eficiencia enerxética para a envolvente térmica, instalacións de calefacción, climatización e produción de auga quente sanitaria e iluminación interior) que permitan alcanzar a cualificación enerxética de clase A ou B, mediante unha redución do seu consumo de enerxía, cumprindo o que establece o R. D. 47/2007, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación de eficiencia enerxética de edificios e a normativa autonómica que lle sexa de aplicación).
- Promoción de investimentos na renovación de instalacións térmicas de edificios: investimentos en equipos, instalacións e sistemas que transforman ou consomen enerxía, proxectos de enxeñería, obra civil, montaxe e posta en marcha.
- Promoción de investimentos na renovación da iluminación interior: investimentos en equipos, instalacións e sistemas que supoñan un nivel de eficiencia mínimo marcado no HE3.
Sector transformación da enerxía
- Promoción de investimentos en instalacións de coxeración en sectores non industriais: investimentos en equipos, instalacións e sistemas que transforman ou consomen enerxía, proxectos de enxeñería, obra civil, montaxe e posta en marcha, cunha potencia superior a 150 kWe.
- Promoción de investimentos en instalacións de microcoxeración: investimentos en equipos, instalacións e sistemas que transforman ou consomen enerxía, proxectos de enxeñería, obra civil, montaxe e posta en marcha, cunha potencia inferior a 150 kWe.
PRAZOS
A convocatoria 2009 estará aberta desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial do Estado (8 de abril de 2009) e pecharase transcorridos tres meses.
INSTRUMENTO DE XESTIÓN
O instrumento seleccionado para apoiar as empresas dentro deste programa serán os CONVENIOS ou CONTRATOS - PROGRAMA DE INVESTIMENTO EN AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA entre as empresas ou corporacións seleccionadas e o IDAE.
Para chegar a eles, na convocatoria anual de axudas publicada no BOE, especifícase o contido que deberán incluír as propostas das empresas (Plans Estratéxicos de Investimentos en Proxectos de Aforro e Eficiencia Enerxética 2009-2012).
Algúns dos elementos que compoñerán este Plan Estratéxico serán:
- Obxectivos empresariais do Plan Estratéxico (competitividade, medio natural, etc.).
- Estrutura/organización da empresa (subministracións, produción, distribución…).
- Localización exacta das instalacións afectadas, descrición das actuacións que se van acometer en cada unha das localizacións con indicación dos investimentos e aforros enerxéticos estimados e planificación temporal dos investimentos para cada un deles.
- Análise tecnolóxica de procesos e equipos actuais, e análise de alternativas existentes (benchmarking…).
- Selección de tecnoloxías que hai que implementar (MTD…).
- Determinación dos custos elixibles segundo as Directrices comunitarias sobre axudas estatais en favor do medio natural (2008/C 82/01) e o anexo II das presentes bases.
- Plan de investimentos.
- Plan de financiamento.
- Solicitude de apoios públicos estimados segundo o método de cálculo establecido polas Directrices.
- Aforros enerxéticos e redución de emisións.
- Adaptación da solicitude da axuda ao criterio de efecto incentivador segundo as Directrices.
- Beneficios ambientais asociados á mellora da eficiencia enerxética (directos e indirectos).
- Planificación temporal (2009-2012).
- Recursos e organización (capacidades internas e externas).
- Outros beneficios (creación de emprego, redución de residuos, valoración da mellora competitiva, etc.).
A determinación dos custos elixibles dos proxectos de investimento, ademais dos aforros enerxéticos e a redución de emisións, deberá ser certificada por unha empresa acreditada como “verificador do comercio de dereitos de emisión de gases efecto invernadoiro”, que ratificará o método de avaliación de acordo coas Directrices.
Esta empresa acreditada presentará un informe non vinculante que acompañará o Plan Estratéxico de Investimentos.
FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
A entrega física das solicitudes asinadas, segundo o formulario habilitado para o efecto na propia convocatoria, deberá efectuarse nas oficinas do IDAE situadas na rúa Madera número 8 (traseira pola rúa San Roque 7), 28004-Madrid, dirixidas ao director xeral do IDAE, indicando no sobre “Solicitude de participación no PROGRAMA DE AXUDAS DO IDAE AO FINANCIAMENTO DE PROXECTOS ESTRATÉXICOS DE INVESTIMENTO EN AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA”, no que se farán constar claramente os datos da entidade remitente.
DOCUMENTOS ADXUNTOS (Abriranse noutra páxina)