A xeración, o transporte e o uso da enerxía é unha das actividades do ser humano con maior repercusión negativa no medio.
Con todo, á diferenza das fontes convencionais, as enerxías renovables, recursos limpos e inesgotables que nos proporciona a natureza, teñen un impacto practicamente nulo e sempre reversible.
As enerxías renovables, ademais, polo seu carácter autóctono contribúen a diminuír a dependencia do noso país das subministracións externas, minoran o risco dun abastecemento pouco diversificado e favorecen o desenvolvemento tecnolóxico e a creación de emprego.
Manuais de Enerxías Renovables
Colección de seis manuais monográficos acerca das tecnoloxías das enerxías renovables. A colección é o froito dun convenio de colaboración asinado polo Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE) e a Asociación de Periodistas de Información Ambiental (APIA).
Os manuais editados son os listados na sección «Documentos adxuntos».