Que é unha rede de calor e frío
Coñecido internacionalmente como “District Heating&Cooling”, trátase da produción centralizada de calor e frío, que mediante un sistema de redes que transportan fluídos térmicos satisfacen a demanda de calefacción, auga quente sanitaria e frío para aqueles usuarios que se atopan conectados mediante o dito sistema de redes.
Un dos principais beneficios das ditas redes de calor e frío é o aumento da eficiencia enerxética na xeración, integrando as enerxías renovables (biomasa, xeotérmica, solar térmica, etc.), os recursos locais que doutro xeito serían perdidos (arrefriamento natural, calor ou frío sobrante da industria próxima, a produción combinada de calor e frío, etc) e os sistemas de produción de alta eficiencia.
Todo o anterior, xunto cun óptimo encaixe no binomio xeración-demanda e unha xestión e mantemento continuo por parte de profesionais, contribúen de xeito significativo co obxectivo de redución do consumo enerxético, das emisións de dióxido de carbono, a contaminación do aire e a valorada seguridade de subministración.
Con el objetivo de promover las Redes de Distrito, ADHAC (Asociación de Empresas de Redes de Calor y Frío), con el apoyo del IDAE, está realizando un censo de las Redes de Calor y Frío en todo el territorio español. Si usted quiere participar en el censo haga click aquí
Ligazóns de interese
Asociación de Empresas de Redes de Calor y Frío (ADHAC) Asociación de Empresas de Redes de Calor e Frío)
Agencia Internacional de la Energía (IEA-DHC) (Axencia Internacional da Enerxía)
Exemplos de redes
Mataró Energía Sostenible SA (MES SA)