O sector do material eléctrico está formado por: cables, contadores, aparamenta industrial, caixas e envolventes, pequenos transformadores, dispositivos de conexión, dispositivos de protección para uso doméstico, domótica e inmótica, iluminación, interruptores para uso doméstico, bases de toma de corrente e caravillas domésticas e industriais. Todos estes produtos proporcionan seguridade no uso da enerxía e teñen unha incidencia directa sobre a eficiencia enerxética das instalacións eléctricas para baixa tensión.
O libro Contribución do material eléctrico á eficiencia enerxética das instalacións pretende dar a coñecer como o material eléctrico pode mellorar a eficiencia enerxética das instalacións grazas a todas as solucións de material eléctrico dispoñibles actualmente no mercado.
A guía elaborada pola Asociación de Fabricantes de Material Eléctrico (AFME) está dirixida aos seguintes colectivos, co fin de que coas súas accións e decisións promovan a eficiencia enerxética das instalacións desde o punto de vista do material eléctrico:
Enxeñarías, arquitecturas, empresas de servizos enerxéticos (ESE) e a Administración no seu papel de prescritores das instalacións.
Distribuidores de material eléctrico
Instaladores e mantedores eléctricos
Propietarios, arrendatarios e explotadores de edificios.
Ligazóns externas de interese:
Asociación de Fabricantes de Material Eléctrico (AFME)