Buscador de contidos de IDAE

icono facebook icono twitter
Infomación IDAE
Regístrate
  • Inicio >
  • Preguntas frecuentes
A +    A -   

Como debo xestionar o meu sistema de calefacción para que sexa eficiente sen reducir o confort?

O consello do IDAE é axustar o acendido da calefacción ao horario real de ocupación das vivendas e apagala pola noite, xa que cando estás deitado e arroupado non é necesaria a calefacción xa que con 15-17 ºC é suficiente para durmir confortablemente. Podería deixala acesa pola noite co termostato a 15-17 ºC se a súa casa está moi mal illada e perde moita calor pola noite. Como norma, apagar pola noite e acender uns minutos ao levantarse é moito máis eficiente que deixala prendida toda a noite.
Sempre que sexa posible, recoméndase axustar o termostato a 20-21 ºC e empregar roupa de abrigo para estar na casa, baixar as persianas polas noites para que non fuxa a calor e correr as cortinas para evitar o frío desde os cristais; é o que tecnicamente se denomina parede fría.

Por cada ºC en que se incrementa a temperatura dun edificio ou vivenda, o consumo enerxético aumenta nun 7%, do mesmo xeito ca o gasto en calefacción e as emisións de CO2.

Así mesmo, recomendámoslle consultar a "Guía práctica da enerxía: consumo eficiente e responsable".

 

 .

.



RSS Logo de W3C que indica CSS válidas Logo que indica que o XHTML é valido
© IDAE Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía. C/Madera, 8 - 28004 Madrid - Tel. 91 456 49 00
Goberno de EspańaMinisterio de Industria, Enerxía e Turismo