A entrada en vigor do Código Técnico da Edificación (aprobado mediante o Real decreto 314/2006) supón para este sector a consideración obrigatoria de medidas de eficiencia enerxética no proxecto dun edificio. A partir da aplicación deste conxunto de normas, o parque edificatorio español vai reducir de xeito notorio o consumo de enerxÃa do seu sector, pois comézase por construÃr edificios que demanden menos enerxÃa para acadar o mesmo nivel de confort no seu interior.
A primeira medida do CTE, dentro da orde lóxica de realización dun proxecto, é a « Esixencia básica HE 1: Limitación da demanda de enerxÃa » que dispón o seguinte: os edificios disporán dunha envolvente cunhas caracterÃsticas que limiten axeitadamente a demanda enerxética necesaria para acadar o benestar térmico en función do clima da localidade, do uso do edificio e do réxime de verán e de inverno, asà como das súas caracterÃsticas de illamento e inercia, permeabilidade ao aire e exposición á radiación solar, reducindo o risco de aparición de humidades de condensación superficiais e intersticiais que poidan prexudicar as súas caracterÃsticas e tratando axeitadamente as pontes térmicas para limitar as perdas ou ganancias de calor e evitar problemas higrotérmicos nos mesmos.
En abril de 2006, a Asociación Nacional de Industriais de Materiais Illantes (ANDIMA) e o Instituto para a Diversificación e o Aforro da EnerxÃa (IDAE) asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de promover actuacións para mellorar a eficiencia enerxética da envolvente térmica dos edificios de nova construción e dos existentes, asà como para mellorar o illamento dos equipos e redes de tubaxe das instalacións de calefacción, climatización e produción de auga quente sanitaria. Neste espazo irase situando o froito dos traballos de divulgación realizados polos asociados de ANDIMA e dirixidos a todos os públicos, desde as comunidades de propietarios e usuarios ata os profesionais da construción, a quen se dirixen as guÃas técnicas. Por último, facilitarase unha base de datos de instaladores cualificados para a correcta aplicación dos materiais illantes.
GuÃa práctica da enerxÃa para a rehabilitación de edificios. O illamento, a mellor solución, é unha guÃa divulgativa dirixida aos presidentes de comunidades de veciños e aos administradores de fincas; en definitiva, a todos os cidadáns que, como usuarios de vivendas, temos unha percepción do confort no noso interior e asumimos o custo que supoña conseguir este benestar térmico.
GuÃas Técnicas de Materiais Illantes, é unha colección de guÃas técnicas centradas en cada tipo de material illante. Son complementarias á información xeral que achega a guÃa divulgativa anterior e están dirixidas aos profesionais do sector da edificación, con información polo miúdo no plano técnico.
A posta en práctica das medidas propostas por estas guÃas, dirixidas á mellora do illamento térmico dos edificios, pode supoñer aforros enerxéticos, económicos e de emisións de dióxido de carbono do 30% debido ao menor consumo de enerxÃa nas instalacións térmicas dos edificios.