O Código Técnico da Edificación (CTE), aprobado polo Real Decreto 314/2006, de 17 de marzo, é o novo marco normativo que establece as esixencias que deben cumprir os edificios con relación ós requisitos básicos de seguridade e habitabilidade, establecidos á súa vez na Lei 38/1999, de 5 de novembro, de Ordenación da Edificación (LOE). Para fomentar a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico, o CTE adopta o enfoque internacional máis moderno en materia de normativa de edificación: os códigos baseados en prestacións ou obxectivos.
Por Real Decreto 315/2006, de 17 de marzo, créase tamén o Consello para a Sustentabilidade, Innovación e Calidade da Edificación. Deste Consello depende a Comisión do Código Técnico da Edificación para todo o relacionado coa asistencia e asesoramento para a súa aplicación, desenvolvemento e actualización.
EO Código Técnico contén un Documento Básico de Aforro de Enerxía, onde se establecen as esixencias básicas en eficiencia enerxética e enerxías renovables que deben cumprir os novos edificios e os que se reformen ou rehabiliten. Na súa redacción e coordinación colaborou o IDAE asesorando o Ministerio de Vivenda.
Este Documento Básico consta das seguintes seccións:
HE.1: Limitación de demanda enerxética (calefacción e refrixeración).
HE.2: Rendemento das instalacións térmicas.
HE.3: Eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.
HE.4: Contribución solar mínima de auga quente sanitaria.
CHEQ4, aplicación gratuita para validar el cumplimiento del CTE de las instalaciones solares térmicas
HE.5: Contribución fotovoltaica mínima de enerxía eléctrica.
O CTE traspón parcialmente a Directiva 2002/91/CE, de 16 de diciembre de 2002, relativa á eficiencia enerxética dos edificios, no que se refire ós requisitos mínimos de eficiencia enerxética que deben cumprir.
Toda a información sobre o Código Técnico da Edificación do Documento Básico de Aforro de Enerxía está dispoñible no sitio oficial