O IDAE outorga axudas directas, é dicir, a fondo perdido, a través das Comunidades Autónomas (CC. AA.), a investimentos en determinadas tipoloxías de proxectos que promoven a eficiencia enerxética ou que fomentan as enerxías renovables.
Estas axudas enmárcanse no Plan de Enerxías Renovables 2005-2010 (PER) e no Plan de Acción 2008-2012 da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética en España (E4) e xestiónanse de maneira compartida coas CC. AA. a través de cadanseu convenio establecidos entre o IDAE e cada CC. AA.
As respectivas CC. AA. son as encargadas do desenvolvemento dos programas de axudas públicas, a súa preparación e convocatoria de bases reguladoras, xestión, tramitación e valoración técnica de expedientes, resolución de ditas axudas, certificación e pagamento das mesmas, incluíndo o réxime de control e, no seu caso, o de reintegro e sancionador.
Plan de Acción 2008 da E4:
As achegas económicas do Plan de Acción están destinadas a financiar as medidas ou actuacións de aforro e eficiencia enerxéticas nel reflectidas que, á súa vez, están repartidas polos sectores de: Industria, Transporte, Edificación, Transformación da Enerxía, Agricultura e Pesca, e Servizos Públicos.
Da totalidade de ditas medidas, identificáronse 10 como prioritarias co obxecto de garantir unha execución mínima do Plan en todo o territorio nacional, que son:
Plan de Enerxías Renovables:
As axudas contempladas no PER, para o exercicio 2008, están destinadas a determinadas tipoloxías técnicas:
Consulte las ayudas publicadas en su Comunidad Autónoma en materia energética:
Acceso por Comunidades Autónomas. Año 2012
Acceso por Comunidades Autónomas. Año 2011
Dónde informarse en las Comunidades Autónomas