Foi elaborado co fin de reforzar os obxectivos prioritarios da política enerxética do Goberno, garantir a seguridade, a calidade da subministración eléctrica e o respecto do medio, e coa determinación de cumprir os compromisos de España no ámbito internacional (Protocolo de Kioto, Plan Nacional de Asignación) e aqueles que derivan da nosa pertenza á Unión Europea.
O forte crecemento da intensidade enerxética dos últimos anos foi unha razón adicional de peso á hora de elaborar o plan.
Segundo o previsto no plan, o 12,1% do consumo global de enerxía en 2010 será abastecido por fontes renovables, contribuíndo á produción do 30,3% do consumo bruto de electricidade. Os biocarburantes aportarán un 5,83% do consumo de gasolina e gasóleo para o transporte.
O importe total do investimento previsto no plan é de 23 598 641 000 euros.
A súa posta en marcha, conxuntamente co Plan de Acción 2005-2007, e máis recentemente co novo Plan de Acción 2008-2012 (PAE4+), da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética, van permitir reducir o noso consumo de enerxía e minorar a nosa dependencia enerxética do exterior, contribuíndo ao mesmo tempo a reducir a contaminación de xeito esencial.