E-Diesel
    Mestura de gasóleo e bioetanol que, xunto cun aditivo que favorece a súa estabilidade e mellora as súas características en relación á lubricidade e o índice de cetano, pode ser empregada en motores diésel sen modificacións relevantes.
    Ecotasa
    Impuesto ecológico que grava los transportes y las fuentes de contaminación.
    EER
    Coeficiente de Eficiencia Enerxética dunha máquina frigorífica movida por motores eléctricos, en réxime de refrixeración. É igual á relación entre a potencia frigorífica entregada pola máquina ao fluído portador e a potencia útil absorbida. É adimensional.
    Efecto invernadero
    É o efecto de atrapar a calor do sol, debido ao cambio de lonxitude de onda que se produce na radiación solar ao atravesar determinados medios e logo non poder volver escapar á atmosfera. Cando hai exceso dalgúns gases, como o CO2, este efecto aumenta artificialmente, con perigo de que eleve a temperatura e se provoquen desertizacións, diminución das masas de xeo polares e inundacións.
    Eficiencia Energética
    Conxunto de programas e estratexias para reduci-la enerxía que empregan determinados dispositivos e sistemas sen que se vexa afectada a calidade dos servicios subministrados.
    Energía Verde
    Energía que se produce con recursos renovables.
    Energy Star
    Programa introducido en 1992 pola Axencia para a Protección Ambiental (EPA). Energy Star é un programa de etiquetado voluntario coa finalidade de identificar e promove-los produtos que aforran enerxía, para así reduci-la contaminación.
    Enfriamiento Progresivo
    O ciclo de arrefriamento progresivo nunha secadora, permite aproveitar mellor a calor do secado e ademais evita a formación de engurras, facilitando posteriormente o emprego do ferro de pasar, o que tamén repercute nun aforro de enerxía.