Participacion institucional en proxectos europeos

Proxectos de excelencia. Representación institucional

Descrición do proxecto

O IDAE estimula a participación das entidades españolas nos distintos programas europeos que cofinancian proxectos de enerxías renovables e eficiencia enerxética, con especial dedicación ao Programa Marco de Investigación, Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación, e ao Programa Enerxía Intelixente Europa (EIE)

Accións

Participación como membro da delegación española nos Comités de Xestión dos programas que definen os proxectos a financiar e os procedementos de avaliación.

Información e asesoramento ás entidades españolas, sendo o IDAE punto nacional de contacto para o Programa EIE.

Organización de actividades de promoción e difusión das distintas convocatorias europeas.

Coordinación con outros organismos da administración española para a elaboración dunha estratexia común

Resultados enerxéticos e económicos

A participación española en proxectos europeos mellorou notablemente nos últimos anos, contribuíndo ao proceso de internacionalización da economía española.

No VII Programa Marco 2007-2013 as entidades españolas que participaron en proxectos do programa de enerxía obtiveron 170 M€, o que supón un retorno do 13% do total de programa.

No Programa de Enerxía Intelixente Europa, desde 2005 ata a data, as empresas españolas participaron en 243 proxectos europeos cunha subvención asociada de 30,5 M€.

Replicabilidade

Continuidade destas accións dentro do novo Programa HORIZON2020 e contribución ao desenvolvemento do Plan Estratéxico Europeo de Tecnoloxía Enerxética (SET Plan).

Séptimo Programa Marco / EIE