Inducción (Quecemento por)
Nunha placa de inducción, a temperatura xérase mediante un campo magnético que se crea debaixo do cristal. Neste tipo de placas a superficie sempre permanece fría polo que non hai posibilidade de queimaduras e supón un grande aforro de enerxía. Ademais, é moi fácil controlar nelas a temperatura de cocción e a perda de calor ao utilizalas é mínima. Ao funcionar só cando teñen un recipiente sobre elas, aprovéitase plenamente a enerxía.