Fotovoltaica FÓRUM 2004. Fase II-EDAR

Proxecto de excelencia. Investimento

Descrición do proxecto

Instalación solar fotovoltaica conectada a rede para venda de enerxía eléctrica. Trátase da fase II da Instalación fotovoltaica Fórum 2004. A primeira fase realizouse sobre a Escola de Vela, estando esta segunda fase integrada na cuberta da EDAR de Besós.

Datos técnicos

O proxecto realizouse mediante un Convenio de colaboración entre O IDAE e o excelentísimo Concello de Barcelona, cunha duración máxima de 20 anos.

O IDAE faise cargo da execución e legalización da instalación, así como da súa posterior operación e mantemento. O Concello de Barcelona cede o uso da estrutura porticada da cuberta da EDAR para situar a instalación.

Potencia 600 kW.

Investimento a cargo do IDAE ao 100%.

Posta en funcionamento en 2008.

Datos económicos e enerxéticos

Investimento realizado: 3.647.062 €

Ingresos obtenidos en 2016: 415.338 €

Resultados enerxéticos 2016

Producción de enerxía eléctrica:  874 MWh

Aforro de emisions de CO2: 289 Tn CO2

Replicabilidade

O deseño desta instalación é válido para calquera estrutura porticada ou soporte existente en edificios de carácter público ou privado. O seu deseño realizouse buscando unha integración arquitectónica completa. O especial deseño dos módulos fotovoltaicos, con dúas láminas de vidro transparente, permite o paso de luz a través da cuberta, facilitando a realización de eventos baixo a pérgola.

Fotovoltaica Fórum 2004 Fase II- EDAR