Etiquetaxe enerxética de vehículos

Proxecto de excelencia. Asistencia técnica e xestión de programas públicos

Descrición do proxecto

Desde 2002, IDAE dispón dunha base de datos onde se inclúen todos os modelos de vehículos turismo á venda en España clasificados segundo a súa eficiencia enerxética. Ademais, a base de datos ten incorporado outros vehículos sen obrigación de etiquetaxe, como comerciais e vehículos alimentados con tecnoloxías alternativas.

A clasificación enerxética dos turismos sopórtase sobre o RD 837/2002 que traspón a Directiva 1999/94/CE. O cálculo da etiqueta apóiase na comparación entre o consumo de cada vehículo en función da súa superficie, comparado coa media do seu tamaño.

Este tipo de etiquetaxe utilizouse en diversos programas de apoio público, como os Plans PIVE e PIMA, así como nos pregos de concursos públicos dalgunhas poboacións en España (ex.: licenzas de taxis).
 
Resultados

A aplicación do criterio de selección de vehículos sobre a base da etiquetaxe enerxética en programas de axudas permitiu facer chegar a mensaxe da eficiencia enerxética nos vehículos a un gran número de cidadáns.

Na base de datos do IDAE figuran máis de 15.000 modelos de turismos e furgonetas, diferenciados por gasolina e gasóleo, así como outras tecnoloxías alternativas: eléctricos, alimentados con GLP ou GNC e biocarburantes.

Un dos obxectivos perseguidos por esta ferramenta é conseguir que a etiquetaxe enerxética comparativa que xestiona IDAE sexa obrigatorio en todos os puntos de venda e/ou aluguer de vehículos, aspecto recolleito como optativo polo RD 837/2002.
 

Tráfico ciudad
Tráfico ciudad