Coxeneración en fábrica de alimentación COVAP

Proxecto de excelencia. Investimento

Descripción do proxecto

Proxecto dunha planta de coxeración de 8 MW para produción de calor, frío e electricidade, en COVAP, Pozoblanco.

 

Datos técnicos

Instalación con dúas turbinas de gas en ciclo simple para a produción de vapor saturado a 13 bar(a) e auga fría por baixo de 0 °C nunha máquina de absorción de simple efecto de amoníaco.

Non se dispón de rede de gas natural, polo que a instalación consome GNL regasificado nunha planta satélite.

 

Primeira fase: (coincidindo coa posta en funcionamento da industria láctea de COVAP)

Posta en funcionamento en 2002

Turbina de gas SOLAR Centaur 60 de 3,9 MW

Caldera de recuperación ERGÓS de 20 t/h con poscombustión

Máquina de absorción de 1500 kW (ata 5 t/h)

 

Segunda fase: (coincidindo coa posta en funcionamento dunha nova fábrica de pensos de COVAP)

Posta en funcionamento en 2008

Turbina de gas SOLAR Mercury 50 de 4,2 MW. É unha turbina de ciclo rexenerativo de alto rendemento eléctrico e a primeira deste tipo instalada en España

Caldeira de recuperación ERGÓS de 20 t/h con poscombustión.

 

Resultados enerxéticos 2012

Producción de enerxía eléctrica                 46.564 MWh

Producción de enerxía térmica                  94.957 t de vapor

Producción de enerxía frigorífica                3.838 MWh

Aforro de Enerxía Primaria                       24.620 MWh

Aforro de emisions de CO2                        4.965 t

 

Investimento IDAE e ingresos esperados

O proxecto levouse a cabo mediante unha Unión Temporal de Empresas na que participa o IDAE cun 75% do investimento e COVAP cun 25%. A participación do IDAE ascende a 6,1 millóns de €, sendo o retorno esperado do seu investimento 10,43 millóns de €.

 

Replicabilidade

A instalación e posta en funcionamento deste proxecto supuxeron a posibilidade de desenvolver unha gran industria nunha zona que non dispón de gas natural e cunha precaria rede de distribución de enerxía eléctrica. Trátase dun proxecto de gran replicabilidade no sector de alimentación no medio rural pola garantía de subministración eléctrica que supón.

Detalle caldera de recuperación en las instalaciones COVAP en Pozoblanco. Planta de cogeneración de 8MW para producción de calor, frío y electricidad
Detalle turbina de gas en las instalaciones de COVAP en Pozoblanco.