Inicio · Ahorra Energia · Renovables de Uso Domestico · Programa SOLCASA

Programa SOLCASA

Financiamento de instalacións solares térmicas en edificios a empresas habilitadas

No marco do Plan de Enerxías Renovables en España 2005-2010, o 19 de maio de 2010 foi publicada no Boletín Oficial do Estado a Resolución da Presidencia do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, pola que se establece a convocatoria e bases correspondentes para a habilitación de empresas no Programa SOLCASA, de enerxía solar térmica en edificios.

Do mesmo xeito que cos Programas BIOMCASA e GEOTCASA, este Programa pretende establecer un sistema de financiamento que impulse unha oferta de calidade adaptada ás necesidades dos usuarios de auga quente e climatización en edificios, utilizando enerxía solar térmica, todo iso no marco do Plan de Enerxías Renovables en España 2005-2010.

Para o financiamento dos proxectos presentados polas empresas habilitadas que cumpran cos requisitos do Programa, o IDAE dispuxo un orzamento específico por importe de 5.000.000 euros.

A presentación de solicitudes efectuarase conforme ás bases e ao modelo de solicitude que se poden atopar nesta mesma páxina como documentos adxuntos.

Acceso web ao Sistema Harmonizado Pretel

Especificación Pretel

l